Orixinalmente, a reforma administrativa de Mouzinho da Silveira puxo a sede do distrito en Lamego (sendo, por iso, denominado Distrito de Lamego), mais a sede foi transferida a Viseu no ano de 1835, co consecuente renomeamento do distrito.
É o único distrito portugués que non linda nin co mar nin con España. Ten unha área de 5.007km², sendo o noveno maior distrito português. En 2009 tiña unha poboación residente residente de 391215 habitantes.[1]
Na actual división do estado luso, o distrito repártese pola Rexión Centro e a Rexión Norte. Os concellos da Rexión Centro, xunto cun concellos do Distrito da Guarda, constitúen a subrexión de Dão-Lafões. Os concellos da Rexión Norte divídense polas subrexións de Támega e de Douro.