Saltar ao contido

Dustin Hoffman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDustin Hoffman

(2025) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1937 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
EducaciónSanta Monica College
Neighborhood Playhouse School of the Theatre
Escola Preparatoria dos Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Altura165 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresWynn Handman Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLisa Hoffman (1980–)
Anne Byrne (1969–1980) Editar o valor en Wikidata
FillosJake Hoffman
 () Lisa Hoffman Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000163 Allocine: 577 Rottentomatoes: celebrity/dustin_hoffman Allmovie: p94585 41816 Metacritic: person/dustin-hoffman TV.com: people/dustin-hoffman IBDB: 15122
Instagram: ds1hn BNE: XX1060027 Musicbrainz: 7b675798-6710-4923-883a-f3c52d04b10d Discogs: 550415 WikiTree: Hoffman-6410 Genius: Dustin-hoffman Editar o valor en Wikidata

Dustin Lee Hoffman, nado o 8 de agosto de 1937 nos Ánxeles, é un actor estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Dustin Hoffman.

Nun principio quixo ser médico, polo que estudou esta carreira universitaria. Con todo, durante os estudos decatouse de que quería ser actor, e comezou a actuar na Pasadena Playhouse nos Ánxeles, un teatro e unha escola de interpretación prestixiosa. Alí coincidiu con Gene Hackman, outro alumno que se convertería nun grande actor. Cando adquirira xa unha formación básica como intérprete, decidiu ir a Nova York para probar sorte no teatro.

En Nova York Hoffman tivo que realizar varios traballos pouco convencionais para gañarse a vida. Nunha ocasión conseguiu un papel pequeno nunha película para a televisión, e durante un verán foi de xira cunha compañía teatral de segunda orde. Hoffman desanimouse e dedicouse a dar clases durante un tempo. Por fin, en 1960 ofrecéronlle un papel nunha obra teatral, e ó ano seguinte actuou noutra. A pesar diso non tiña ingresos suficientes, polo que realizou de novo toda clase de traballos. Durante varios anos deixou o teatro e apuntouse á famosa escola de interpretación Actor's Studio, onde se formou como actor de método.

Hoffman nunha imaxe de 1989

En 1967 cambiou a sorte para Hoffman. Conseguiu o seu primeiro papel no cine, aínda que foi pequeno. Interveu tamén nunha comedia teatral, onde Mike Nichols o veu e decidiu ofrecerlle o papel principal en O graduado. Aínda que xa tiña 30 anos, Hoffman foi moi convincente no papel dun mozo que acababa de rematar os seus estudos universitarios. Conseguiu un nomeamento ó Oscar e, o que foi máis importante, converteuse da noite para a mañá nun actor extremadamente popular, sobre todo ante as audiencias xuvenís. Só dous anos despois, Hoffman repetiu o éxito, cando interveu xunto con Jon Voight en Cowboy de medianoite, película pola que obtivo a súa segunda nomeamento ó Oscar.

As seguintes películas que fixo Hoffman foron na súa maioría éxitos destacados. As súas interpretacións eran igual de boas en papeis cómicos que en papeis dramáticos. Coas películas Kramer contra Kramer e Rain Man gañou dous Oscar.

En 1974 volveu ó teatro, e cultivou tamén éxitos. Tamén interveu en películas e mini-series para a televisión, aínda que a súa prioridade foi sempre o cine.

Hoffman casou por primeira vez en 1969 e o matrimonio durou once anos. Volveu casar en 1980. Ten catro fillos do seu actual matrimonio, e unha filla da súa primeira esposa.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaPelículaResultado
1997Oscar ó mellor actorWag the DogCandidato
1988Oscar ó mellor actorRain ManGañador
1982Oscar ó mellor actorTootsieCandidato
1979Oscar ó mellor actorKramer contra KramerGañador
1974Oscar ó mellor actorLennyCandidato
1969Oscar ó mellor actorCowboy de medianoiteCandidato
1967Oscar ó mellor actorO graduadoCandidato
AnoCategoríaPelículaResultado
1998Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalWag the DogCandidato
1997Premio Cecil B. DeMilleGañador
1992Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalHookCandidato
1989Globo de Ouro ó mellor actor - DramaRain ManGañador
1986Globo de Ouro ó mellor actor en miniserie ou película feita para a televisiónDeath of a SalesmanGañador
1983Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalTootsieGañador
1980Globo de Ouro ó mellor actor - DramaKramer contra KramerGañador
1977Globo de Ouro ó mellor actor - DramaMarathon ManCandidato
1975Globo de Ouro ó mellor actor - DramaLennyCandidato
1970Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalJohn and MaryCandidato
1970Globo de Ouro ó mellor actor - DramaCowboy de medianoiteCandidato
1968Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalO graduadoCandidato
1968Globo de Ouro á nova estrela do ano - ActorO graduadoGañador

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]