ESRO 4
| ESRO 4 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
ESRO 4 (European Space Research Organization 4) foi un satélite artificial europeo lanzado o 22 de novembro de 1972 mediante un foguete Scout D1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]ESRO 4 foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión de ESRO 4 foi estudar os fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres para, entre outras cousas, determinar como as partículas solares penetran e se difunden na magnetosfera. O satélite tiña forma cilíndrica e estabilizábase mediante xiro a un 1 r.pm., podendo transmitir datos a unha velocidade de ata 10.420 bps. O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 1160 km de apoxeo e 244 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,8 graos e un período de 98,8 minutos. Reentrou na atmosfera o 15 de abril de 1974.[3][1][4][5][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]ESRO 4 levaba a bordo os seguintes instrumentos:[1][2]
- Espectrómetro de ións positivos.
- Espectrómetro de masas neutras.
- Espectrómetro de partículas aurorais.
- Espectrómetro de partículas solares da zona polar sur.
- Espectrómetro de partículas solares da zona polar norte.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 NASA (14 de maio de 2012). "ESRO 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2013.
- 1 2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ESRO 4" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2013.
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ESRO 4" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Letter dated 15 January 1973 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-01288). 18 de xaneiro de 1973: 2. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ "Note verbale dated 29 March 2005 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-83579). 21 de abril de 2005: 7. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ Mark Wade (2011). "ESRO" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2013.