Saltar ao contido

Editors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Editors
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
2002 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2002 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Fontes e ligazóns
VIAF158349446 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000106758494 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04q9ld Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
IMDB: nm2069642 Facebook: editorsmusic Twitter: editorsofficial Instagram: editorsofficial MySpace: editorsmusic Youtube: UCmL1_HWSnKPPDx2PfUxZyOw Souncloud: editors Spotify: 6e9wIFWhBPHLE9bXK8gtBI Apple Music: 43498282 Last fm: Editors Musicbrainz: 0efe858c-89e5-4e47-906a-356fa953fd6e Songkick: 306990 Discogs: 332911 Allmusic: mn0000459860 Deezer: 1181 Genius: Editors Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Editors (e non The Editors) son un grupo británico de indie rock da cidade de Birmingham. Os compoñentes, que se coñeceron na Universidade de Staffordshire, son Tom Smith (compositor/vocalista/guitarrista), Russ Leetch (baixista), Ed Lay (batería) e Chris Urbanowicz (guitarrista), aínda que este último deixou a banda a mediados de abril de 2012[1]. O seu selo indie puro e radical fai que Editors sexan comparados a miúdo con outros grupos como, The Cure, Joy Division, The Smiths, Boto and the Bunnymen, Kitchens of Distinction, The Chameleons, e Interpol, enmarcándose na corrente coñecida como Post punk revival De todos os xeitos, a banda é considerada como capaz de crear o seu propio estilo que lles diferencia doutros grupos do estilo.

A banda non foi coñecida sempre por este nome, sendo coñecidos anteriormente como "(The) Pride", antes de cambiar de compoñentes e renombrarse "Snowfield". Mantiveron este nome ata a súa fichaxe pola discográfica Kitchenware Records en setembro de 2004.

O primeiro sinxelo da banda, "Bullets", foi lanzado nunha edición limitada de 500 copias pola compañía Kitchenware Records o 24 de xaneiro de 2005; rapidamente gañou espazo en emisoras de radio como Xfm e 6 Music. A medida do lanzamento de novos sinxelos a banda foi creándo a súa propia lexión de seguidores.

O seu álbum de estrea, The Back Room, foi editado o 25 de xullo de 2005, con grandes eloxios da crítica.

O tema "French Disko", na cara b do sinxelo "Munich", é unha versión dun tema de Stereolab. "The Back Room" foi lanzado nos Estados Unidos o 21 de marzo de 2006. O primeiro single no país norteamericano foi Munich, que tamén recibiu o apoio de numerosas emisoras estadounidenses do mesmo xeito que en Gran Bretaña. Como mostra do éxito que está tendo o grupo fóra da Gran Bretaña, Editors foron invitados a tocar en 2006 en festivais como Coachellla, Lollapalooza ou Benicassim.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
The Back Room2005Kitchenware, Fader Label
An End Has a Start2007Kitchenware Records
In This Light and on This Evening2009Kitchenware Records
The Weight of Your Love2013PIAS Recordings
In Dream2015PIAS Recordings
Violence2018PIAS Recordings
EBM2022PIAS Recordings
Surface, Echo & Sound2026PIAS Recordings
Ano Canción UK Singles Chart UK Download Chart Álbum
2005 "Blood" #18 - The Back Room
2005 "Bullets" #27 - The Back Room
2006 "Munich" #10 #3 The Back Room
2006 "All Sparks" #21 #35 The Back Room
2006 "Blood" (re-lanzado) #39 - The Back Room
2007 "Smokers Outside The Hospital Doors" #7 #18 An End Has A Start
2007 "An End Has A Start" #27 - An End Has A Start
2007 "The Racing Rats" - - An End Has A Start
  1. ↑ "editorsofficial.com - Editors and Chris Urbanowicz part ways" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2012. Consultado o 16 de abril de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]