Saltar ao contido

Eifel

Eifel
 Nome orixinal
    Eifel (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Imaxe
 Instancia de
Características
Localización
 Cordilleira
 Comparte fronteira con
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   100 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   5.300 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   747 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   746 m Hohe Acht (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF236783593 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/019_zt Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Eifel (AFI:ˈaɪ̯fl̩), (en luxemburgués Äifel) é unha cadea montañosa de escasa altitude e orixe volcánica situada, en case a súa totalidade, no oeste de Alemaña, ao sur de Colonia.

Ocupa partes dos Länder de Renania do Norte-Westfalia (o suroeste) e de Renania-Palatinado (o noroeste), e tamén o leste de Bélxica (onde están as comunidades de fala alemá deste país) e o leste de Luxemburgo.

Forma parte do Macizo Xistoso Renano, e na súa parte norte se encontra o Parque Nacional Eifel.

Características

[editar | editar a fonte]

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

A pesar da interesante xeoloxía da rexión de Eifel, só se realizaron tres informes xeolóxicos completos:[1]

  • En 1822, Johann Steiniger publicou o primeiro mapa xeolóxico da zona e, en 1853, a Geognostische Beschreibung der Eifel.[2]
  • En 1915 Otto Follmann deu a luz un traballo que se sumou á comprensión científica nese momento, o Abriss der Geologie der Eifel ("Resume de xeoloxía do Eifel").[1][3]
  • En 1986, Wilhelm Meyer, finalmente, publicou o volume Geologie der Eifel, cuxa cuarta edición, revisada, considérase hoxe o traballo estándar sobre a xeoloxía do Eifel.[1][4]

Westeifel

[editar | editar a fonte]
O Hohe Acht.
Lago Laach.

É a zona relativamente máis nova da rexión e posúe moitos conos volcánicos, maares[5] e estratovolcáns pequenos. Ocupa unha superficie de 600 km2, situándose a uns 50 km da cidade de Ormont. Hai moitos fluxos de lava orixinados a partir de conos volcánicos e tamén se poden encontrar aneis de rocha calcaria volcánica. Nesta zona houbo moitas erupcións volcánicas durante o final do plistoceno, tendo a súa última erupción no agora maar Pulvermaar. É posíbel que no futuro poidan volver a activarse os volcáns da zona.[6]

Hocheifel

[editar | editar a fonte]

Data do terciario, cando ocorreron as primeiras erupcións volcánicas. Está constituído por sete estratovolcáns, entre eles o Hohe Acht duns 747 m de altura. Pódense encontrar varias capas de cinzas e fluxos de lava, sendo o basalto a rocha dominante. Houbo máis de 300 erupcións volcánicas, o que fai pensar que debaixo da zona hai, ou houbo, unha inmensa cámara magmática que abastecía a moitos volcáns.

É a zona onde houbo máis actividade. Alí encóntrase o lago Laach, un lago volcánico rodeado de conos e estratovolcáns menores. Determinouse que existiron tres fases de erupcións na zona, e ao parecer, empezaron a nacer volcáns en forma caótica. Isto ocorreu durante a última glaciación, cando os humanos aínda non chegaran a esta zona. Porén, é posíbel que igualmente puideran sentir os seus efectos, xa que sen dúbida os volcáns puideron estender as súas cinzas por toda Europa.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
A Fraubillenkreuz

A Fraubillenkreuz é un menhir de 5000 anos de antigüidade que foi tallado en forma de cruz a principios da Idade Media. Na rexión está o acueduto de Eifel, un dos máis longos acuedutos do imperio Romano, que subministraba auga á cidade de Colonia.

De fácil acceso, case toda a rexión pode percorrerse en bicicleta. Con apoio da Unión Europea, antigas vías de ferrocarril transformáronse en ciclovías.

Protección ambiental

[editar | editar a fonte]

Desde 2004, 110 km2 da parte norte da rexión do Eifel están protexidas e incluídas no Parque Nacional Eifel.

  1. 1 2 3 Stephan Marks, Schriftenschau, "Geologie der Eifel", en Mitteilungen des Verbandes der deutschen Höhlen- und Karstforscher e. V. 2015/01 Arquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine.; páx. 24.
  2. ↑ Johann Steiniger (1853): Geognostische Beschreibung der Eifel. Verlag: Lintz, Trier. (Resume en alemán).
  3. ↑ Otto Follmann (1915): Abriss der Geologie der Eifel. Berlin: Westermann.
  4. ↑ Wilhelm Meyer (2013): Geologie der Eifel, 4ª edición totalmente revisada. Stuttgart: Schweizerbart. ISBN 978-3-5106-5279-2.
  5. ↑ Un maar é un cráter volcánico largo e baixo, producido por unha erupción freático-magmática, é dicir, unha explosión causada por auga subterránea que entra en contacto con lava quente ou magma.
  6. ↑ Clifford Embleton & Christine Embleton-Hamann (1997): Geomorphological hazards of Europe. Elsevier. ISBN 0-4448-8824-1. (Ler en liña).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]