Saltar ao contido

Emú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emú
 Nome taxon
    Dromaius novaehollandiae
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Ciclo diurno
 Fonte de
emu meat (en) Traducir
emu oil (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCasuariiformes
FamiliaCasuariidae
XéneroDromaius
EspecieDromaius novaehollandiae Editar o valor en Wikidata
Latham, 1790 Dromaius novaehollandiae Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Tamaño da niñada
   8,7 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Endémico en
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0k64b Editar o valor en Wikidata
UNIIN2LUO4CBQ9 Editar o valor en Wikidata
ITIS174385 Editar o valor en Wikidata
OTT829513 Editar o valor en Wikidata
UICN22678117 Editar o valor en Wikidata
CoL37PLM Editar o valor en Wikidata
EOL45517716 Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
Enciclopedia Galega Universal: 118793
Wikidata G:Commons C:Commons

O emú (Dromaius novaehollandiae)[1] é segunda ave de maior tamaño existente, despois da avestruz. É endémica de Australia, onde é a meirande ave nativa e o único membro existente do xénero Dromaius. A área de distribución do emú abrangue case toda Australia, mais as subespecies de Tasmania e da illa King extinguíronse despois da colonización europea do continente en 1788. Esta ave é común de abondo para ser clasificada como pouco preocupante pola International Union for Conservation of Nature.

Son aves non voadoras de plumaxe densa e sedosa de cor marrón e longas patas e pescozo que poden chegar ós 1,9 m de altura. Poden percorrer grandes distancias, e cando é preciso poden acadar os 50 km/h. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas e insectos, e sábese que poden pasar semanas sen comer. Beben de xeito infrecuente, pero toman grandes cantidades de auga cando se presenta a oportunidade.

Ovo de emú.

A época de cría é entre maio e xuño, e a loita entre as femias por un macho é frecuente. As femias poden reproducirse e criar varias niñadas de ovos nunha tempada. O macho encárgase da incubación e durante o proceso apenas come e bebe, polo que perde unha cantidade significativa de peso. Os ovos eclosionan despois de oito semanas e as crías son alimentadas polos pais. Acadan o tamaño adulto despois de seis meses, pero poden manterse como familia até a seguinte tempada de cría. O emú é unha importante icona cultural de Australia, estando presente no escudo de Australia e en varias moedas. É un elemento importante da mitoloxía dos aborixes australianos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Eastman, Maxine (1969). Angus and Robertson, ed. The life of the emu. ISBN 0-207-95120-9.