Saltar ao contido

Enxunta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enxuntas (spandrel na ilustración)

A enxunta[1] ou sobrazo[2] é o espazo de forma triangular que queda entre un arco e o rectángulo que o enmarca. Tamén se coñece como tímpano do arco[3]. A nivel construtivo é un elemento arquitectónico que define o espazo entre dous arcos ou o delimitado polo extradorso do arco e o alfiz[4] que o enmarca. Refírese o termo tamén aos espazos triangulares curvilíneos entre os arcos que sosteñen unha cúpula e o tambor desta.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Termo galego empregado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. ↑ Termo galego empregado no Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004.
  3. ↑ Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  4. ↑ Moldura que envolve os tímpanos de arco do estilo árabe e que pode arrancar desde as impostas ou desde o chan. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]