Saltar ao contido

Espazo regular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Axiomas de separación en espazos topolóxicos



T0
T1
T2
T2½
completamente T2
T3
T3½
T4
T5
T6

En matemáticas, e máis concretamente en topoloxía xeral, dise que un espazo topolóxico X é un espazo regular cando é posible separar todo conxunto cerrado de calquera dos seus puntos exteriores, no sentido de que pertencen a veciñanzas separadas.

A condición de regular, que se denota por T3, é un dos denominados axiomas de separación. En ocasións resérvase a denominación T3 para os espazos de Hausdorff regulares, é dicir, que ademais son espazos de Hausdorff.[1]

Definición

[editar | editar a fonte]
O punto x e o conxunto cerrado F (representado polo disco sólido da dereita) están separados polas súas respectivas contornas abertas U e V, que non se intersecan. As contornas abertas son os espazo interiores a cada circunferencia.

Un espazo topolóxico X é un espazo regular cando para cada conxunto cerrado F de X e cada punto x que non pertence a F, existen dúas contornas abertas, U de x e V de F, que son disxuntas: .U∩V=∅︀[2]

Proposición

[editar | editar a fonte]

Consideremos un espazo topolóxico (X, T) . Entón os seguintes enunciados son equivalentes:

  1. X é un espazo regular.
  2. Se U é un aberto de X e t ∈ U, entón existe un aberto W de X tal que t ∈ W e a adherencia de W está contida en U
  3. Calquera punto de X ten un sistema fundamental de veciñanzas cerradas.

Aclaración e definición

[editar | editar a fonte]

En xeral a un espazo topolóxico regular e T1denomínaselle T3

Fica claro que se X é un espazo T1 e regular entón é de Hausdorff (xa que nos espazos T1 os conxuntos unipuntuais son conxuntos cerrados). Con todo, hai exemplos de espazos Hausdorff non regulares. Para o caso de espazos compactos, "ser Hausdorff" e "ser regular" son propiedades equivalentes.

Unha caracterización dos espazos regulares (non se necesita que os puntos sexan cerrados) está dada pola seguinte proposición: un espazo X é regular se e só se para todo z∈X e U contorna de z existe unha contorna V de z tal que .V¯⊆U

  • O espazo topolóxico ℝ coa topología usual é un espazo regular.
  • Sexa S un conxunto provisto de topoloxía trivial. Entón S é un espazo regular
  • Sexa o conxunto ℝ e a topología sobre el, T = {∅, ℚ, ℝ\ℚ, ℝ}, entón (ℝ, T) é un espazo regular, pero non é un espazo de Hausdorff
  • O espazo de Sierpinski non é T3.
  1. ↑ "T3 space". Consultado o 28 de agosto de 2020.
  2. ↑ Neira U., Clara M. (2003). Notas de Topología.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]