O Ferrari TR ou 250 Testa Rossa, é un modelo de coche de carreiras construído por Ferrari nos anos 1950 e 60. Estes coches dominaron todos os escenarios, con variacións gañaron as 24 Horas de Le Mans en 1958, 1960 e 1961. Estaban estrechamente relacionado co resto da liña Ferrari 250, especialmente o lendario 250 GTO.
En total construíronse, trinta e catro 250 Testa Rossas entre 1956 e 1961. A frase "Testa Rossa" significa "cabeza vermella". O máis coñecido, o 250 TR, foi producido desde 1957 ata 1958, só foron construídos dous coches de fábrica e 19 coches para clientes. Logo do 250 GTO, o 250 Testa Rossa é o segundo modelo de Ferrari máis valioso, a miúdo valorado en máis de 8000000 de dólares. Un 250 Testa Rossa de 1957 vendeuse o 20 de agosto de 2011 por 16´4 millóns de dólares, un novo récord mundial de prezos de poxa dun coche cando se ten en conta a inflación.[1] Tamén hai que sinalar que houbo un tempo en que este coche, xunto con varios modelos similares, foi visto como un mero cacharro "escangallado" e obsoleto. En 1965 vendíase por un prezo tan baixo como 4.000 $.
Chamado así polas cubertas vermellas das válvulas, os orixinais 250 TR tiñan carrozaría pouco ortodoxa de Scaglietti. Os gardabarros dianteiros están visualmente separados da carlinga central da carrozaría, un deseño inspirado na Fórmula 1, cos condutos do aire a través dos freos dianteiros e cara a fóra a través da zona aberta detrás das rodas, este modelo é a miúdo chamado o ""Pontoon" TR. Olivier Gendebien e Phil Hill gañaron as 24 Horas de Le Mans coa carrozaría pontoon substituída por outra carrozaría máis ortodoxa en 1958.
O deseño aerodinámico do 250 TR tivo éxito nas carreiras, pero con todo, Ferrari comezou a cambiar o look pouco despois da súa produción. Outras carrozarías, máis convencionais foron deseñadas por incondicionais de Ferrari, Pininfarina e Carrozzeria Touring. O motor tiña o mesmo desprazamento que o resto da serie 250, pero foi axustado para producir moita máis potencia. O estilo do frontal dos 250 TR61 serviu de inspiración para o actual Ferrari F430 de estrada.
As liñas 250 TR de 1960 e 1961 dominaron as carreiras, Olivier Gendebien gañou de novo Le Mans eses dous anos, con Paul Frère en 1960 e Phil Hill en 1961.