Saltar ao contido

Filadelfia

Filadelfia
 Nome curto
PHL (en)
Philly (en)
Phila. (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Philadelphia (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Philadelphia (en) Editar o valor en Wikidata
 Alcume
Philly (en)
City of Brotherly Love (en) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Philadelphian (en)
filadelfijka (pl)
Philadelphijčan (sl)
filadelfijczyk (pl)
Filadelfiano (eo)
Philadelphijčanka (sl) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Epónimo
Características
 Economía
 Demografía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: mayor of Philadelphia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cherelle Parker (2024 - )
Jim Kenney (2016 - 2024) Editar o valor en Wikidata
 Fundador/a
 Autoridade executiva
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1682 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Premios e distincións
Silver Anvil Award (en) Traducir (1983)
Silver Anvil Award (en) Traducir (1973) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Situado na entidade estatística
 Situado na entidade estatística
 Localización descubrimento
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
28.522 (1790)
41.220 (1800)
53.722 (1810)
63.802 (1820)
80.462 (1830)
93.665 (1840)
121.376 (1850)
565.529 (1860)
674.022 (1870)
847.170 (1880)
1.046.964 (1890)
1.293.697 (1900)
1.549.008 (1910)
1.526.006 (2010) censo
1.560.297 (2014)
1.580.863 (2017)
1.603.797 (2020) censo Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   613.125 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
369,609252 km²
369,610537 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   12 m Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   6,0305 % Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal19019 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap188022 Editar o valor en Wikidata
VIAF180363010 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000406162107 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL115756A Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasphiladelphia Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dclg Editar o valor en Wikidata
MeSHD015143 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX450981
Wikidata G:Commons C:Commons

Filadelfia[1] (en inglés: Philadelphia, ou coloquialmente Philly) é unha cidade estadounidense situada no condado do mesmo nome, no estado de Pensilvania. Segundo o censo de 2020, a poboación era de 1 603 797 habitantes, converténdoa na sexta cidade máis poboada dos Estados Unidos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É a máis setentrional das cidades estadounidense en ser considerada dentro da zona climática subtropical húmida. Os veráns son calorosos, outonos e primaveras tépedos e invernos fríos. A media de nevadas por ano é de 534 mm , aínda que esta cantidade é moi variable de ano en ano, presentándose invernos de só nevadas leves e outros con grandes tormentas de neve.

Demografía

[editar | editar a fonte]

De acordo co censo de 2020, hai 1 603 797 persoas residindo na cidade, o que supón un aumento do 1,2% con respecto a estimación do ano anterior. A conformación racial da cidade é de 39,3% afroamericanos, 36,3% brancos, 8,7% asiáticos, 0,4% nativos americanos 8,7% doutras razas e 6,9% multirraciais. Os hispanos ou latinos constitúen o 14,9% da poboación. O 23.9% fala unha lingua distinta ao inglés na casa, sendo a máis común o español (10,8%)

Firma do tratado de paz en Shackamaxon.

En 1681, cando William Penn obtivo a concesión de Carlos II de Inglaterra do territorio despois chamado Pensilvania, o val do río Delaware onde pensou establecer unha vila capital era a terra dos indios lenape da nación algonquina, quen tiñan alí un poboado chamado Shackamaxon.

No 1682, Penn firmou un tratado de amizade co xefe lenape, e inda que non tiña obriga, mercoulle a terra, todo porque a súa idea era establecer unha colonia utópica de paz e harmonía, unha cidade que non precisase murallas defensivas e que fose un lugar de comercio, progreso e coñecemento para todos sen discriminar a ninguén. Así o nome que lle deu foi Filadelfia (en grego "amor fraternal").

Plan de William Penn

[editar | editar a fonte]

A planta da nova cidade (ao sur de Shackamaxon) foi a clásica cuadrícula hipodámica estendida rectangularmente, dúas millas ao longo por unha ao ancho, entre o Delaware e o seu afluente polo oeste, o Schuylkill. As augas do primeiro brindaban un protexido porto, e as do segundo unha vía de penetración na colonia que se estendía máis aló dos Apalaches, ata os Grandes Lagos.

Foi o primeiro plan con esta ambición e a esta escala nesta parte de Norteamérica. Dúas grandes e amplas avenidas (hoxe Market e Broad Street) cortaban a malla en catro cuadrantes cada un cun baleiro para parque, e no seu encontro no centro abríase unha gran praza cos edificios públicos significativos[2].

Tan ambicioso que ata case que o final do século XIX non foi completado. Pola contra, xa no século XVIII desbordouse na fronte ao Delaware cunha chea de peiraos[3][4]. Para o tempo da independencia era a cidade máis poboada das trece colonias. Pasaba por seren un centro do saber e a cultura ("Atenas de América", impulsado por Benjamin Franklin, que se establecera na cidade en 1723) ademais de ser famosa pola súa loita antiescravista e tolerancia relixiosa que atraeu xentes de toda Europa e afroamericanos do sur. Nese ambiente ilustrado desenvolveuse un foco revolucionario.

Declaración da Independencia

[editar | editar a fonte]

Dende 1753 o edificio da State House de Pensilvania (cun engadido que cumpría coma concello e outro coma futuro congreso) dominaba cos chapiteis das igrexas o perfil da cidade. Foi alí onde en 1776 se asinou a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. Entre outros asinantes figuraban Benjamin Franklin, John Adams e Thomas Jefferson. Despois, en 1790, a Declaración de Dereitos (constitución) e a capitalidade provisional da nova nación ata 1799 no que foi rematada Washington. O edificio presidiu dende entón a Independence Square lindeira á praza do sueste (futura Washington Square).

Industrialización: "taller do mundo"

[editar | editar a fonte]

O século XIX foi para Filadelfia (a pesar da perda de importancia coma porto en beneficio de Nova York) o dun extraordinario crecemento froito dunha completa revolución industrial: téxtil, metalurxia, fabricación de papel e material ferroviario, construción naval, agro-alimentaria acompañada das necesarias infraestruturas: camiños, canais e ferrocarrís que a converteron no maior centro fabril dos Estados Unidos ("o taller do mundo" tiña por alcume). A máis, era o primeiro centro financeiro do país. Grandes continxentes de inmigración europea e afroamericana dos estados do sur arriban para fornecer a man de obra que se precisaba. Unha primeira ponte sobre o Schuylkill constrúese en 1804 continuando Market Street e permitindo o desenvolvemento de West Philadelphia[5][6].

As epidemias de fins do XVIII e a forte industrialización fixeron urxente un plan para o saneamento e abastecemento de augas da cidade (Fairmount Water Works, o primeiro e modelo para as cidades norteamericanas). De resultas do cal Filadelfia se dotou no seu ángulo noroeste, augas arriba do Schuylkill, dunha extensa zona verde, Fairmount Park[7], que co tempo se foi ampliando e dotando con instalacións de lecer (zoo) e institucións culturais (sinaladamente o Museo de Arte). Alí, co gallo do centenario da Independencia, celebrouse a Exposición Universal de 1876 (primeira fóra de Europa[8]).

Século XX

[editar | editar a fonte]

Xurdiu a necesidade de unir o parque e o centro da cidade cunha grande avenida. Inspirada nos Campos Elisios de París, a Benjamin Franklin Parkway (1918[9][10]) foi a irrupción na trama ortogonal de Penn dun grande eixo diagonal enlazando o novo auditorio municipal (rematado en 1884 na praza central) co Museo de Arte (1928), enriquecendo o seu curso cunha serie de academias de ciencia e arte[11] (vg. o Museo Rodin).

En 1926, o Delaware Bridge (hoxe B. Franklin Bridge[12]) significou a primeira ponte de unión coa beira de Nova Jersey (Camden)[13]. E nos anos cincuenta levouse a cabo un proxecto que dende os trinta pretendía esponxar o vello centro histórico do lado do Delaware, cun parque ao redor da Independence Square (o Independence National Historical Park), ao que se uniu perpendicularmente outro plan (1962) que buscaba preservar conmemorativamente aqueles lugares e acontecementos que deran orixe á nación americana, o Independence Mall[14].

En xeral, o século pasado foi para a cidade o dun estancamento se non unha lenta decadencia no conxunto dos Estados Unidos. A obsolescencia do seu tecido industrial sen atopar un substitutivo axeitado e a corrupción municipal levárona a perder posicións entre as grandes metrópoles americanas.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
  2. ↑ Imaxe
  3. ↑ Imaxe imaxe
  4. ↑ Imaxe imaxe
  5. ↑ Imaxe
  6. ↑ "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2012.
  7. ↑ Imaxe
  8. ↑ "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  9. ↑ Imaxe
  10. ↑ "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013.
  11. ↑ Imaxe
  12. ↑ "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 04 de abril de 2012.
  13. ↑ Imaxe
  14. ↑ "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Nova York

Os Ánxeles

Chicago
1Nova YorkNova York8.478.07211Fort WorthTexas1.008.106
2Os ÁnxelesCalifornia3.878.70412San JoseCalifornia997.368
3ChicagoIllinois2.721.30813AustinTexas993.588
4HoustonTexas2.390.12514CharlotteCarolina do Norte943.476
5PhoenixArizona1.673.16415ColumbusOhio933.263
6FiladelfiaPensilvania1.573.91616IndianapolisIndiana891.484
7San AntonioTexas1.526.65617San FranciscoCalifornia827.526
8San DiegoCalifornia1.404.45218SeattleWashington780.995
9DallasTexas1.326.08719DenverColorado729.019
10JacksonvilleFlorida1.009.83320Oklahoma CityOklahoma712.919
Datos do censo de 2024.[1]


  1. ↑ City and Town Population Totals: 2020–2024, United States Census Bureau