Saltar ao contido

Formigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Formigas
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   0,009 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   11 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03b2kf Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os Illotes das Formigas (en portugués: Ilhéus dás Formigas) son un pequeno grupo de illotes pertencentes ao grupo oriental dos Azores. Na Ponta do Castelo, no extremo sueste da Illa de Santa María pódense observar os illotes se se utilizan uns prismáticos. Os illotes en conxunto abarcan 0,9 hectáreas sendo importante desde o punto de vista ecolóxico a parte mergullada dos mesmos. Foron avistados por primeira vez en 1431 por Diogo de SilvesGrande Enciclopédia Portuguesa e Brasileira.

Descrición e estatuto de conservación

[editar | editar a fonte]

Os oito roques que forman os illotes son moi baixos, sendo o punto máis elevado de 11 metros no illote de Formigãou. Nunca foron habitados. Atópanse a 37 quilómetros ao nordeste da Illa de Santa María e a 63 quilómetros ao suroeste da Illa de São Miguel. A lonxitude máxima deste pequeno arquipélago é de 165 metros e unha anchura de 80. Desde o punto de vista xeolóxico os illotes están formados esencialmente por rochas de basalto aparecendo algunhas vetas calcarias con fósiles do Mioceno. As augas que os rodean son de importancia ecolóxica debido á gran diversidade de vida que as habita sendo un lugar de reprodución e alimentación para moitas especies, entre as que se atopan os quenllas, tartarugas e cetáceos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]