Os gasterosteidos, chamados en galego espiñentos[1], espiñeiros ou esganagatas[2](Gasterosteidae), son unha familia de peixes mariños e de río, incluída na ordeGasterosteiformes. Distribúense por todo o hemisferio norte.
Poden ter un corpo alargado ou non, nu ou con escudetes óseos ó longo dos laterais. Boca súpera.
Ante a aleta dorsal posúen unha serie de 3 a 16 espiñas dorsais ben desenvolvidas e illadas, de onde deriva o nome común de espiñosos. A aleta dorsal é atrasada e con 6 a 14 raios. Nas aletas pelvianas (ás veces ausentes), unha espiña e un ou dous raios brandos. Na aleta caudal, 12-13 raios.
A lonxitude máxima é de 18cm, no caso de Spinachia spinachia.
Canto ó seu comportamento reprodutivo, destaca o feito de coidan das crías.