Os Gasterosteiformes son unha orde de peixes mariños teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Comprende especies de auga doce, de augas salgadas e algúns diádromos [1].
Na maioría das especies teñen o corpo recuberto cunha armadura de placas dérmicas, e a boca adoita ser pequena. Non teñen supramaxilar e tamén faltan algúns outros ósos do cranio.