Saltar ao contido

Gemini 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gemini 2
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
19 de xaneiro de 1965 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Duración
   1.096 s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/024737 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Gemini 2 foi a segunda proba de lanzamento dunha cápsula Gemini non tripulada xunto co seu lanzador, un Titan II GLV.[1]

Desenvolvemento da misión

[editar | editar a fonte]

A misión de Gemini 2 foi comprobar a integridade estrutural coa cápsula e a adecuación do seu escudo térmico para a reentrada atmosférica, así como o rendemento de tódolos seus sistemas, incluíndo comunicacións, control térmico, sistema eléctrico e sistema de control da posición.[1]

Gemini 2 foi lanzada o 19 de xaneiro de 1965 ás 14:03:49 UTC desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral. O lanzamento foi suborbital, chegando a unha altura de 171,2 km. Durante a súa viaxe a cápsula estivo controlada por un temporizador que permitía ir executando varias actividades. Aos 6 minutos e 54 segundos a cápsula disparou os retrofoguetes, preparándoa para a reentrada. Gemini 2 ameziou no océano Atlántico, a 3419 km ao sueste da zona de lanzamento, tras 18 minutos e 16 segundos de voo e a 26 km do sitio previsto. A cápsula foi recuperada por un helicóptero do portaaeronaves USS Lake Champlain. Tódalas probas durante a misión foron un éxito, salvo a das células de combustible, que tiveron que apagarse antes do lanzamento por un problema anterior ao mesmo.[1]

  1. 1 2 3 NASA (17 de abril de 2020). "Gemini 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2019. Consultado o 24 de abril de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]