Gillian Armstrong
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de decembro de 1950 Melbourne |
| Educación | Australian Film Television and Radio School (en) Swinburne University Of Technology Victorian College of the Arts (en) Vermont Secondary College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | directora de cinema, directora artística, actriz, produtora, guionista, realizadora |
| Período de actividade | 1970 |
| Participou en | |
| 1979 | 1979 Cannes Film Festival (en) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) The St. James women filmmakers encyclopedia |
Gillian May Armstrong, nada en Melbourne o 18 de decembro de 1950 é unha directora australiana de longametraxes e documentais, especializada en dramas de época. Os seus filmes adoitan representar perspectivas e protagonistas femininas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Melbourne, Gillian Armstrong creceu no suburbio de Mitcham. Graduouse no Swinburne Technical College en 1968, estudou deseño de vestiario para o teatro e realización de cinema. O 1972 entrou no Australian Film Television and Radio School.[1] Tres anos despois dirixiu dúas curtametraxes, The Singer And The Dancer e Smokes and Lollies (1975).
A súa primeira longametraxe, My Brilliant Career (1979), adaptación da novela homónima de Miles Franklin, foi a primeira longametraxe australiana dirixida por unha muller en 46 anos. Armstrong recibiu seis premios do Australian Film Institute Awards, incluído o da mellor dirección. Despois do éxito do filme, que foi candidato ao Óscar ao mellor deseño de vestiario, dirixiu o pequeno musical australiano Starstruck (1981).[2]
A partir de entón, Armstrong especializouse en dramas. O seu maior éxito en Hollywood obtívoo en 1994 coa adaptación de Little Women, protagonizada por Winona Ryder e Susan Sarandon, á que seguiron filmes como Oscar and Lucinda (1997) e Charlotte Gray (2001).
Temas e estilo
[editar | editar a fonte]Temas
[editar | editar a fonte]Armstrong deu voz ao seu desexo de alcanzar un público amplo nas súas entrevistas, incluíndo homes e mulleres de todas as nacionalidades. Porén, a súa obra diríxese continuamente ás políticas sexuais e as tensións familiares. Os seus filmes céntranse na fuxida e na loita cos roles tradicionais de xénero e a súa evolución e inconvenientes, como en One hundred a Day, My Brilliant Career, High Tide e Oscar and Lucinda.[3] Ademais, moita xente definiuna como creadora de "mulleres fortes", aínda que insiste que simplemente realiza filmes sobre personaxes complexas e as escollas que estes fan.[1]
Estilo
[editar | editar a fonte]Armstrong ten un estilo distintivo na súa obra que resiste categorizacións sinxelas. A maioría dos seus filmes non poden ser definidos simplemente como "filmes de mulleres".[3] Os seus filmes descríbense como mestura de xéneros de xeito que recrean como algo amplamente diferente do que foron considerados. Non obstante, tamén poden considerarse filmes convencionais atractivos para o público. Posúen unha fotografía sensible e delicada, unha montaxe fluída, un sentido evocador para os decorados e o vestiario, e un compromiso co desenvolvemento de personaxes sólidas e a interpretación.[3] Segundo a investigadora cinematográfica Gwendolyn Audrey Foster, Armstrong ten unha "forte inclinación feminista" e un "sentido do humor mordaz".[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Armstrong está casada con John Pleffer,[5] e teñen dúas fillas.[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Tipo | Notas |
|---|---|---|---|
| 1970 | Old Man and Dog | Curtametraxe | |
| 1971 | Roof Needs Mowing | Curtametraxe | |
| 1973 | Satdee Night | Curtametraxe | Tamén guionista |
| 1973 | One Hundred a Day | Curtametraxe | Tamén guionista |
| 1973 | Gretel | Curtametraxe | Tamén guionista |
| 1975 | The Singer and the Dancer | Curtametraxe | Tamén coguionista e produtora |
| 1976 | Smokes and Lollies | Documental | |
| 1979 | My Brilliant Career | ||
| 1980 | Touch Wood | Documental | |
| 1980 | Fourteen's Good, Eighteen's Better | Documental | Tamén produtora |
| 1982 | Starstruck | ||
| 1983 | Having a Go | Documental | |
| 1984 | Mrs. Soffel | Participou no 35.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[7] | |
| 1986 | Hard to Handle | Documental | Concerto da xira True Confessions de Bob Dylan de 1986 con Tom Petty and the Heartbreakers. Emitido nun especial de HBO e estreado só en VHS. |
| 1987 | High Tide | ||
| 1988 | Bingo, Bridesmaids & Braces | Documental | |
| 1991 | Fires Within | ||
| 1992 | The Last Days of Chez Nous | Participou no 42.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[8] | |
| 1994 | Little Women | ||
| 1996 | Not Fourteen Again | Documental | Tamén guionista e produtora |
| 1997 | Oscar and Lucinda | ||
| 2001 | Charlotte Gray | ||
| 2006 | Unfolding Florence: The Many Lives of Florence Broadhurst | Documental | |
| 2007 | O derradeiro gran mago | ||
| 2009 | Love, Lust & Lies | ||
| 2015 | Women He's Undressed | Documental | |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Higson, Rosalie."Gillian Armstrong: The Real Thing"The Australian: Arts Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. The Australian. Web
- ↑ Reichl, Ruth. "At Tea With: Gillian Armstrong; A Lucky Director's Daring Career."The New York Times. The New York Times. Web.
- 1 2 3 "Gillian Armstrong: Women Filmmakers & Their Filmes." Gale Biography in Context Arquivado 20 de maio de 2020 en Wayback Machine.. Gale Cengage Learning. Web.
- ↑ Gwendolyn Audrey Foster, 1995, Greenwood Press, Westport (CT) e Londres, Women Film Directors: An International Bio-Critical Dictionary. Consultado o 15 de decembro de 2014, páxina 114
- ↑ "Gillian Armstrong: Award-winning director on smashing through glass ceilings; paying tribute to Australian costume designing legend Orry-Kelly". ABC.
- ↑ Reichl, Ruth. "AT TEA WITH: Gillian Armstrong; A Lucky Director's Daring Career". New York Times.
- ↑ "Berlinale: 1985 Programme". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Berlinale: 1992 Programme". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 27 de maio de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gillian Armstrong |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Story of Kerry, Josie and Diana – 14–47 at DVD Resurrections, by Wizard of Gore.
- Love, Lust & Lies' at DVD Resurrections, by Wizard of Gore.
- "Gillian Armstrong Meets up with Old Friends The 7:30 Report, By Sexton, Mike.
- Vídeo Gillian Armstrong Video Compilation
- "Armstrong and Cox: if a Picture Paints a Thousand Words" Dual Interview Big Ideas
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gillian Armstrong Arquivado 08 de marzo de 2021 en Wayback Machine. in The Encyclopedia of Women and Leadership in the Twentieth Century
- Gillian Armstrong's Agent
- Senses of Cinema: Great Directors Critical Database Arquivado 08 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Literature on Gillian Armstrong