Saltar ao contido

Girlpool

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Girlpool
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
2013 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2022 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Fontes e ligazóns
VIAF132144646 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000470883208 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/012w531q Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: GIRLPOOOL Twitter: girlpoolband Instagram: girlpoool Bandcamp: girlpooolSouncloud: girlpoool Musicbrainz: f15d2f13-6de2-434f-a6dc-ac1ce45d9636 Songkick: 5865474 Discogs: 3734485 Allmusic: mn0001990614 Deezer: 450343 Genius: Girlpool Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Girlpool é unha banda de indie rock estadounidense procedente dos Ánxeles, California. Os seus membros son Cleo Tucker (guitarra, voces) e Harmony Tividad (baixo, voces).[1][2] O grupo orixinalmente non contaba cun batería.[3] O seu EP de estrea autotitulado foi subido ao seu Bandcamp o día 14 de febreiro de 2014, e foi reeditado por Wichita Recordings o 17 de novembro dese mesmo ano. A banda publicou o seu álbum de estrea, Before the World Was Big, o 2 de xuño de 2015, tamén a través de Wichita Recordings.[4] O seu segundo álbum, Powerplant, foi editado o 12 de maio de 2017, a través do selo Anti-. Nese álbum engadiron ao batería Miles Wintner.[5] O seu terceiro disco, What Chaos Is Imaginary, apareceu o 1 de febreiro de 2019 tamén a través de Anti-.[6] O seu derradeiro traballo ata a data, Forgiveness, foi editado por Anti- en abril de 2022.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Before the World Was Big 2015 Wichita Recordings
Powerplant 2017 Anti-
What Chaos Is Imaginary 2019 Anti-
Forgiveness 2022 Anti-
  1. ↑ Snapes, Laura. "Girlpool - 'Girlpool' EP". NME (en inglés). Consultado o 2019-04-22.
  2. ↑ Vincent, Alice (2015-02-06). "Girlpool - New Music" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2019-04-22.
  3. ↑ "Girlpool: Girlpool EP". PopMatters (en inglés). 2015-01-14. Consultado o 2019-04-22.
  4. ↑ "Girlpool Revisit Childhood on Their Debut Album, ‘Before the World Was Big’". Spin. 2015-03-10. Consultado o 2019-04-23.
  5. ↑ "Powerplant, by girlpool". girlpool. Consultado o 2019-04-23.
  6. ↑ "What Chaos Is Imaginary, by girlpool". girlpool. Consultado o 2019-04-23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]