Saltar ao contido

Gmail

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gmail
Logotipo
 Parte de
Características
 Lingua
 Linguaxe de programación
 Plataforma
Implicados
 Creador/a
 Propietario/a
 Desenvolvedor/a
 Distribuidor/a
Datas
 Fundación / creación
1 de abril de 2004 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Versións
2025.01.19.717322658 versión estábel (29 de xaneiro de 2025)
6.0.250119 versión estábel (30 de xaneiro de 2025) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Fontes e ligazóns
VIAF180389477 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02q_bk Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: Gmail Twitter: gmail Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google.

Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.

O 31 de marzo de 2004 Google lanzou o seu servizo (en fase beta) Gmail que se destacou entre os servizos de correo máis populares do momento por proporcionar 1 gigabyte de capacidade (posteriormente aumentada a 6 gigabytes). Durante bastante tempo, para poder acceder a unha conta Gmail era necesario recibir unha invitación doutro usuario de Gmail.

Este servizo de mensaxería destacou, entre outras cousas, por utilizar un sistema de procura de mensaxes simple e avanzado ao mesmo tempo, similar ao do buscador web ao cal debe o seu slogan "Non organices, busca". Ademais ofrece outras características adicionais como as etiquetas, filtros avanzados, posibilidade de múltiples contas para correo saínte, chat integrado etc. que o fan moi atractivo.

Atópase dispoñible en 72 idiomas.[1] Gmail está dispoñíbel en galego desde o 7 de xullo do 2014.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]