Saltar ao contido

Asado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Grellada»)
Asado
Gastronomía de Arxentina Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Asado (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Gastronomía
Características
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
TasteAtlasasado Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02v46d Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Asado na grella.
Asado na Patagonia, Arxentina

O asado é un modo de cociñar os alimentos crus directamente á calor do lume ou dun forno[1].

O asado pode facerse ben en asador (asadeiro, churrasqueira), ben no forno. Se se fai á grella chámase grellada, que pode ser de verduras, peixe (por exemplo as sardiñadas), ou de carne (churrascadas). Pode facerse tamén no espeto (por exemplo o carneiro ou as sardiñas).

O termo asado (assado no Brasil) refírese en Suramérica tanto ás técnicas de cociñado no lume (grellada) coma ao evento social de asistir á churrascada[2] Na Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai considérase prato nacional.[3] Nestes países, a palabra asado é sinónimo do que en galego se denomina churrasco. O asado suramericano adoita consistir en carne principalmente de vitela (vacún) con outras feitas á grella, ou directamente no lume cun espeto.

O asado ou churrasco unha das herdanzas máis importantes acollidas e asimiladas en Galicia polos indianos que volvían das Américas. Hoxe en día os asados, especialmente o churrasco, forman parte importante da gastronomía galega.

  1. ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. ↑ Kuhn, Christoph (28 de xuño de 2007). WOZ Die Wochenzeitung, ed. "Jedes Biest auf den Grill" (en alemán). Zurich. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2012. Asado heisst eigentlich gegrilltes Fleisch, Braten; das Wort wird heute für das Grillereignis allgemein gebraucht.
  3. ↑ "El asado". Vía Restó.com (en castelán). Bos Aires: Grupo Clarín. 28 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. Nacido en el centro de las costumbres gauchas, el asado se impuso como el plato nacional por excelencia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]