Saltar ao contido

Halcyon Digest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Halcyon Digest
Deerhunter Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Formato de distribución
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
4AD Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
28 de setembro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Duración
   2.750 s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0ch5bcd Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Spotify: 1HUMjB15ARg96KIypcGzYY Discogs: 278175 Allmusic: mw0002022940 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Halcyon Digest é o cuarto álbum da banda estadounidense de indie rock Deerhunter, editado o 28 de setembro do 2010 a través do selo 4AD. Trátase do primeiro disco da banda distribuído en exclusiva por 4AD en todo o mundo (os anteriores só eran distribuído no estranxeiro, mentres que Kranky Records o facía nos Estados Unidos). O álbum foi producdo pola propia banda, coa axuda de Ben Allen, e gravouse nos estudios Chase Park Transduction en Athens (Xeorxia). O último tema, "He Would Have Laughed", gravouse en Notown Sound en Marietta (Xeorxia), e trátase dun tributo ao falecido Jay Reatard.[1] É o último álbum da banda no que participa o baixista Josh Fauver.

Halcyon Digest foi elixido o terceiro mellor disco do ano pola publicación Pitchfork Media, na súa lista dos 50 mellores álbums do 2010.[2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Bradford Cox e Lockett Pundt. 

N.º Título Duración
1. "Earthquake"   5:00
2. "Don't Cry"   2:49
3. "Revival"   2:13
4. "Sailing"   4:59
5. "Memory Boy"   2:09
6. "Desire Lines"   6:44
7. "Basement Scene"   3:41
8. "Helicopter"   4:58
9. "Fountain Stairs"   2:38
10. "Coronado"   3:19
11. "He Would Have Laughed"   7:29
Cancións extra da edición xaponesa
N.º Título Duración
12. "Rhythm"   2:56
13. "Colorscale"   5:10
  1. ↑ "New album on the way from Deerhunter". Hotpress (en inglés). Consultado o 2025-12-01.
  2. ↑ "Pitchfork Media - The Top 50 Albums of 2010". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2011.