Saltar ao contido

Henry Walker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Walker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1987 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Huntington Editar o valor en Wikidata
EducaciónRose Hill Christian High School (en) Traducir
Universidad Estatal de Kansas
North College Hill High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Número deportivo12 Editar o valor en Wikidata
Convocado porWashington Wizards Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
– Boston Celtics
– Austin Spurs
– Sioux Falls Skyforce
– Miami Heat
– Maine Celtics
– New York Knicks
– Utah Flash
2006–2008 Kansas State Wildcats men's basketball

William Henry Walker, nado o 9 de outubro de 1987 en Huntington, Virxinia Occidental, e anteriormente coñecido coma Bill Walker, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Shiga Lakestars da B.League. Mide 1,98 metros de altura e xoga na posición de ala.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto

[editar | editar a fonte]

Walker estudou durante tres anos na North College Hill High School, sendo en todos eles titular no seu equipo, e considerado coma un dos dez mellores escolares do país.[1] Nese período conseguiu varios galardóns, coma aparecer no segundo equipo All-America da revista PARADE en 2006,[2] no mellor quinteto dese ano entre os xogadores de instituto para EA Sports,[3] ou no mellor quinteto do estado de Ohio elixido polos adestradores,[4] entre outros galardóns.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Tras espertar a interese de moitas universidades de primeiro nivel da División I da NCAA, coma Cincinnati, Connecticut, Illinois, Syracuse, Southern California e Texas, Walker finalmente matriculouse na Universidade de Kansas State coma estudante a tempo parcial para poder competir a partir do 16 de decembro, cando comezaba o segundo semestre.[4] Apenas puido disputar seis partidos no seu ano coma novato, xa que en xaneiro de 2007 sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda nun partido ante Texas A&M, da cal tivo que ser operado, perdéndose o resto da tempada.[5] Promediou 11,3 puntos e 4,5 rebotes, gañando en dúas ocasións o premio de rookie da semana e finalmente incluído no mellor quinteto de novatos da Big 12 Conference.[6]

Na tempada 2007-08, Walker promediou 16,1 puntos e 6,3 rebotes en 31 partidos disputados. Igualou a súa mellor marca anotadora nun partido o 23 de febreiro de 2008 ante Baylor, anotando 31 puntos e capturando 11 rebotes, que sumados aos do seu compañeiro de equipo Michael Beasley conseguiron 75 dos 86 puntos dos Jayhawks.[7] No total da súa traxectoria universitaria promediou 14,9 puntos e 5,9 rebotes por partido.[8]

O 14 de abril anunciou, xunto ao seu compañeiro Michael Beasley a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[9]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
TempadaPPTTCCTCI%TCTLCTLC%TL3PC3PI%T3REBASISROUBTAPPTSMEDIA
2006-07652665.4001624.66709.000275406811.3
2007-083128181389.465101137.73735114.30719659271749816.1
Totals3733207454.456117161.72735123.28522364311756615.3

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na 47ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Washington Wizards, quen pouco despois traspasarían os seus dereitos aos Boston Celtics.[10] O 22 de agosto asinou o contrato con este equipo, onde levaría o dorsal 12 na súa camiseta.[11]

O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con J.R. Giddens e Eddie House a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry. Foi cortado polos Knicks o 20 de abril de 2012.[12]

O 21 de febreiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[13]

  1. ↑ scout.com ScoutHoops.com - 2007 College Basketball Recruiting, consultado agosto de 2008
  2. ↑ parade.com PARADE Magazine All-America Teams 2006 Arquivado 29 de decembro de 2008 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  3. ↑ rivals.com StudentSportsBasketball.com - 2006 EA SPORTS Boys All American Team Arquivado 22 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  4. 1 2 "Walker eligible to compete for K-State mid-year". The Collegian (en inglés). 2006-11-03. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2021-02-24.
  5. ↑ ESPN.com Walker's season comes to an end with ruptured ACL, consultado agosto de 2008
  6. ↑ NBA.com Bill Walker Prospect Profile Arquivado 02 de decembro de 2009 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  7. ↑ ESPN.com Kansas State vs. Baylor - Box Score - February 23, 2008, consultado agosto de 2008
  8. ↑ thedraftreview.com Ficha de Walker en TDR, consultado agosto de 2008
  9. ↑ Howard Richman, Beasley, Walker declare for NBA draft, The Kansas City Star, consultado agosto de 2008
  10. ↑ boston.com Taking a shot with J.R. Arquivado 20 de outubro de 2012 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  11. ↑ boston.com Celtics sign Bill Walker Arquivado 11 de decembro de 2008 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  12. ↑ "Amare back, Gadzuric added". ESPN.com. 2012-04-20. Consultado o 2012-04-20.
  13. ↑ "HEAT Signs Henry Walker". NBA.com. 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]