Saltar ao contido

Hydrochous gigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hydrochous»)

Hydrochous gigas
 Nome taxon
    Hydrochous gigas Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    H. gigas (mul) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeApodiformes
FamiliaApodidae
XéneroHydrochous
EspecieHydrochous gigas Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02w4p0f Editar o valor en Wikidata
ITIS554943 Editar o valor en Wikidata
OTT882684 Editar o valor en Wikidata
UICN22686485 Editar o valor en Wikidata
CoL3N64T Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Hydrochous gigas, coñecida vulgarmente como salangana xigante, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[1] a única do monotípico xénero Hydrochous.[2][3][4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1901 polo ornitólogo alemán Ernst Hartert e o zoólogo británico Arthur Gardiner Butler, especializado en ornitoloxía, co nome de Collocalia gigas.[5]

Variacións taxonómicas

[editar | editar a fonte]

Posteriormente foi clasificada dentro do xénero Hydrochous, descrito en 1970 por Richard Kendall Brooke, en Durban Mus. Novit. 9: 13-24.[6]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

A do xénero, deriva do nome Hydrochous, nome latino da constelación de Acuario, derivado do deus da mitoloxía grega Udrokkoos, o vertedor de auga; aludindo á asociación de H. gigas coas fervenzas.[7]

O epíteto específico, gigas está tirado do latín Gigas, -gantis, un dos Xigantes da mitoloxía grega, fillos da Terra (Xea) que querían destronar a Xúpiter (Zeus).[8] Literalmente: "xigante".

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

Características

[editar | editar a fonte]

Hydrochrous gigas ten unha característica distintiva en relación cos outros membros do seu grupo: ten envergadura máis grande (150 mm) en comparación coas outras salanganas.[10] É unha salangana bastante grande, que pode chegar até os 16 cm de lonxitude e acadar un peso de 37 g nos machos, e de 35 a 39 g nas femias.[11] A diferenza doutras salanganas, a maneira principal de soporte de seu niño é que está construído sobre unha superficie plana e horizontal, pero non se mantén unido a ela pola saliva.[12]

Distribución, hábitat e costumes

[editar | editar a fonte]

A salangana xigante encóntrase en Indonesia e Malaisia, e os seus hábitats naturais son os bosques e os ríos e montaña húmidos tropicais e subtropicais.[13] Non é totalmente nocturno, pero pode orientarse visualmente con pouca luz.[14]

A especie vive sobre todo nas selvas tropicais, en zonas montañosas escarpadas, e depende en gran medida das fervenzas como lugares de reprodución. Os límites de altitude en que habita son pouco coñecidos, pero existen rexistros de 800 m na península Malaia, 440 m en Sumatra e de 300 a 1 500 m en Xava. Aínda que esta especie carece de ecolocalización, ten unha visión aguda con pouca luz e pode alimentarse nos crepúsculos, o que pode contribuír á escaseza de rexistros.[15]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie, pouco coñecida, ten unha poboación disxunta e probabelmente pequena, e que se cre que está en declive debido á perda e degradación dos bosques da súa área de distribución, polo que actualmente se considera como NT (case ameazada), polo que se necesitan urxentemente enquisas máis detalladas para aclarar o seu status.[13]

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  2. ↑ Ver Hydrochous na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 22 de outubro de 2019.
  3. ↑ Hydrochous Brooke, 1970 no ITIS.
  4. ↑ Hydrochous gigas. Swift waterfall na ADW.
  5. 1 2 Hydrochous gigas en Wikispecies.
  6. ↑ Ver Apodidae en Zoonomen.
  7. ↑ Hydrochous, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  8. ↑ gigas, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  9. ↑ Salangana Gigante. Hydrochous gigas (Hartert & Butler, 1901) en AviBase.
  10. ↑ Somadikarta, Soekarja (Outubro de 1968). "The giant swiftlet, Collocalia gigas, Hartert and Butler" (PDF). Consultado o 22 de outubro de 2019.
  11. ↑ "Waterfall Swift (Hydrochous gigas)". www.hbw.com. Consultado o 22 de outubro de 2019.
  12. ↑ Lee, Patricia L. M.; Clayton, Dale H.; Griffiths, Richard; Page, Roderic D. M. (9-07-1996). "Does behavior reflect phylogeny in swiftlets (Aves: Apodidae)? A test using cytochrome b mitochondrial DNA sequences". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 93 (14): 7091–7096. ISSN 0027-8424. doi:10.1073/pnas.93.14.7091.
  13. 1 2 BirdLife International (2017): Hydrochous gigas na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 22 de outubro de 2019.
  14. ↑ Medway, Lord; Wells, D. R. (1110-1969). "Dark Orientation by the Giant Swiftlet Collocalia gigas". Ibis 111 (4): 609–611. ISSN 1474-919X. doi:10.1111/j.1474-919X.1969.tb02570.x.
  15. ↑ Joseph del Hoyo, Andrew Elliot & Jordi Sargatal 1999.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]