Saltar ao contido

Ifni

Ifni
 Instancia de
Características
 Moeda
Datas
 Fundación / creación
1958 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
30 de xuño de 1969 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Substituído por
Marrocos (789 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Continente
 Capital
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0198s6 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Ifni foi unha antiga posesión española na costa africana, ao sur de Agadir, tiña unha superficie de 1.502 km² e unha poboación no ano 1964 de 51.517 habitantes, a capital era Sidi Ifni.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O territorio foille concedido a España en perpetuidade conforme ao Tratado asinado entre España e Marrocos en 1860. Neste territorio tivera xa España un establecemento chamado Santa Cruz de la Mar Pequeña entre 1476 e 1524, aínda que non se sabe con exactitude a súa localización.

Durante moitos anos España non fixo ningún movemento para ocupar o territorio e non foi ata o 6 de abril de 1934 que o coronel Osvaldo Capaz Montes ao desembarcar do canoneiro Canalejas tomou posesión deste territorio no nome de España. Ata 1952 Ifni tivo status de protectorado e nese ano converteuse en parte da África Occidental Española.

Desde que Marrocos obtivo a independencia en 1956 reclamou o territorio en varias ocasións. O 23 de novembro de 1957 o Exército de Liberación Marroquí co apoio do goberno marroquí atacou Ifni, fíxose co control da maior parte do territorio quedando a administración española reducida a Sidi Ifni e os seus arredores que constituíu unha provincia española. O 30 de xullo de 1969 Ifni pasou a soberanía marroquí.