É un importante e pequeno lugar turístico da costa occidental de Escocia: as súas características casas brancas á ribeira do mar aparecen en todas as fotografías e é un popular destino, onde se pode visitar, ademais do castelo, o cárcere de Inveraray (un edificio de arquitectura xurxiá que agora está convertido en museo, o Museo de Cultura Tradicional de Argyll (en Auchindrain), a igrexa neoclásica que estaba divididada en dúas metades (unha para gaélico-falantes e outra para inglés-falantes) ou a cruz céltica de Inveraray. No seu porto está atracado o Arctic Penguin un antigo barco que é agora museo marítimo.