Saltar ao contido

Isistius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isistius
 Nome taxon
    Isistius
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseChondrichthyes
OrdeSqualiformes
FamiliaDalatiidae
XéneroIsistius Editar o valor en Wikidata
Gill, 1864 Isistius Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 56 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/025v6y6 Editar o valor en Wikidata
ITIS160681 Editar o valor en Wikidata
OTT277031 Editar o valor en Wikidata
CoL55D3 Editar o valor en Wikidata
EOL46560187 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Isistius é un xénero de peixes elasmobranquios da superode dos escualomorfos, orde dos escualiformes e familia dos dalatíidos.[1]

Os membros deste xénero son coñecidos polo seu comportamento e a súa dentición pouco comúns.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1865 polo paleontólogo estadounidense Theodore Gill,[1] no seu traballo publicado na revista Proc. Acad. nat. Sci. Philad, 1864, páx. 264.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero, Isistius, está formado pola unión dos elementos do latín científico is- e -istius, o primeiro calco do elemento do grego antigo ἰσο- iso- "igual", e o segundo tirado do termo do grego antigo ἰστίoν istíon "vela de navío", que é unha referencia ás dúas aletas dorsais deste peixe, de forma e tamaño similares, un carácter que Gill utilizou para diagnosticar o xénero.[4][5][6]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, que é o protónimo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][7]

  • Inistius (erro ortográfico)
  • Leius Kner, 1864
  • Tristius (lapsus calami)

Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes dúas especies:[1][8]

Ademais, coñécense dúas especies extintas:

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Durante un tempo algúns autores, consideraron a existencia dunha terceira especie, Isistius labialis Meng, Zhu & Li, 1985, e aínda hoxe, por exemplo a FishBase e a ADW admítena como especie diferente,[11][12] pero o WoRMS a identifica como Isistius brasiliensis,[1] e a EOL e o ITIS non a consideran.[13][8]

Características

[editar | editar a fonte]
Brámido con danos causados por Isistius brasiliensis

As súas dúas especies (ou tres, segundo os autores) son pequenos tiburóns caracterizados principalmente polo seu método conseguir o alimento, que consiste en cortaren anacos de carne da parte exterior de animais mariños, o que xustifica o seu nome inglés de cookiecutter sharks (tiburóns cortadores de galletas). A miúdo atacan grandes cardumes de peixes, e sábese que rodean os barcos pesqueiros para obteren a súa comida facilmente. Son particularmente coñecidos por morderen pequenos anacos dos animais que constitúen as súas presas ao pasaren canda eles. As presas grandes, como o peixe espada e os cetáceos, poden mostrar varias feridas (curadas) de tales trabadas.[14]

Por outra parte, son pouco comúns na forma na que substitúen os seus dentes: no canto de substituílos individualmente a medida en que se danan ou se perden, por exemplo, na captura de alimento, estes tiburóns cambian a dentición completa, proceso que poden repetir varias veces ao longo da súa vida.[2][15]

As presas máis débiles poden resultaren o suficientemente feridas como para debilitarse até que non poden nadar, polo que son propensos a afundir, o que permite que estes tiburóes os traguen. As especies de Isistius poden comeren a metade do seu propio peso corporal dunha vez.[2]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A súa distribución xeográfica é esporádica, encontrándose en todos os océanos do mundo, e o seu hábitat é de difícil acceso, polo que é difícil identificar as diferentes especies, o que xustifica as diferenzas sobre o número de especies entre os autores.

  1. 1 2 3 4 5 Isistius Gill, 1865 noWoRMS.
  2. 1 2 3 Jones, E. C. (1971): "Isistius brasiliensis, a squaloid shark, the probable cause of crater wounds on fishes and cetaceans" Fish. Bull. 69: 791-798.
  3. ↑ Isistius Gill, 1864 Arquivado 19 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en Nomenclator Zoologicus.
  4. ↑ Christopher Scharpf & Kenneth J. Lazara: Isistius Gill 1865 Arquivado 07 de outubro de 2021 en Wayback Machine. en The ETYFish Project. Fish Name Etymology Database.
  5. ↑ Flávia de Figueiredo Petean & Marcelo R. de Carvalho (2018): "Comparative morphology and systematics of the cookiecutter sharks, genus Isistius Gill (1864) (Chondrichthyes: Squaliformes: Dalatiidae)". PLoS One 13 (8): e0201913.
  6. ↑ Isistius brasiliensis (Quoy & Gaimard, 1824) Arquivado 19 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en FishBase.
  7. ↑ Isistius Gill, 1865 no GBIF.
  8. 1 2 Isistius Gill, 1865 no ITIS.
  9. ↑ Probst, J. (1879): Isistius triangulus "Beiträge zur Kenntniss der fossilen Fische aus der Molasse von Baltringen". Hayfische. Jahreshefte des Vereins für vaterländische Naturkunde in Württemberg 35: 127–191.
  10. ↑ Winkler, T. C. (1874): "Deuxième mémoire sur des dents de poissons fossiles du terrain bruxellien". Archives du Musée Teyler 4 (1): 16–48.
  11. ↑ Isistius na ADW.
  12. ↑ Especies de Isistius en FishBase.
  13. ↑ Isistius na EOL.
  14. ↑ Yannis P. Papastamatiou, Brad M. Wetherbee, John O’Sullivan, Gwen D. Goodmanlowe & Christopher G. Lowe (2010): "Foraging ecology of Cookiecutter Sharks (Isistius brasiliensis) on pelagic fishes in Hawaii, inferred from prey bite wounds". Environmental Biology of Fishes 88 (4): 361-368. (Resume.
  15. ↑ Strasburg, Donald W. (1963): "The Diet and Dentition of Isistius brasiliensis, with Remarks on Tooth Replacement in Other Sharks". Copeia, 1963 (1): 33-40.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]