Istmo
| Istmo | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||

Un istmo é un brazo de terra entre linguas de auga que une dúas porcións de terra maiores, como por exemplo unha península a un continente.[1]
Entre os exemplos máis coñecidos está o istmo de Panamá, que conecta a América do Norte coa América do Sur e separa o océano Atlántico do océano Pacífico.[2]
Exemplos
[editar | editar a fonte]Pódense tamén citar:
- o istmo de Corinto, en Grecia.
- o istmo de Dubrovnik - hoxe Stradun, (rua principal), que conecta Laus e Dubraba nunha única cidade.
- o istmo de entre África e Asia, en Exipto, onde foi construída a Canle de Suez.
- o istmo de Kra, que liga a península malaia con Asia.
- o istmo de Avalon, no Canadá, separa a illa principal de Terra Nova da península de Avalon, onde se sitúa a capital Saint John's.
- o istmo de Tehuantepec en México.
Importancia xeográfica
[editar | editar a fonte]Os istmos poden constituír puntos de intercambio comercial e cultural, ao concentrar rutas terrestres entre grandes masas de terra e rutas marítimas entre augas próximas. Tamén teñen importancia para o establecemento de portos e instalacións militares.[2]
Son lugares estratéxicos para a construción de canles:
- A Canle de Panamá, que conecta o océano Atlántico e o océano Pacífico, reduce drasticamente o traxecto marítimo entre a costa leste e a costa oeste de América do Norte
- A Canle de Suez, mencionada anteriormente, é outro exemplo, pois permite ligar Europa e Asia sen contornar África.[2]
Istmos e estreitos
[editar | editar a fonte]Os istmos son o inverso dos estreitos. Así, mentres que os istmos ligan dúas extensións de terra entre dúas extensións de auga, os estreitos unen dúas extensións de auga entre dúas extensións de terra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para istmo.
- 1 2 3 "Isthmus". National Geographic Education (en inglés). Consultado o 2026-10-07.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Istmo |