Saltar ao contido

Juiz de Fora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juiz de Fora
 Nome orixinal
    Juiz de Fora (pt) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Juiz de Fora (pt) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    juiz-forano (pt-br) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1850 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
238.510 (1970) censo
307.534 (1980) censo
385.996 (1991) censo
456.796 (2000) censo
520.612 (2008) estimación
526.706 (2009) estimación
516.247 (2010) censo
520.810 (2011) estimación
525.225 (2012) estimación
545.942 (2013) estimación
550.710 (2014) estimación
555.284 (2015) estimación
559.636 (2016) estimación
563.769 (2017) estimación
564.310 (2018) estimación
568.873 (2019) Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística, estimación
573.285 (2020) estimación
577.532 (2021) estimación
540.756 (2022) censo
565.764 (2024) estimación
567.730 (2025) estimación Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
   0,778 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.436,85 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   678 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal36000-000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap314769 Editar o valor en Wikidata
VIAF158279365 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03lg4f Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Juiz de Fora é unha importante cidade brasileira do Estado de Minas Xerais, situada na rexión da Zona da Mata Mineira (así chamada por ter sido cuberta no pasado pola foresta tropical da mata atlántica), a 257 km da capital do estado, Belo Horizonte, e a 164 km da cidade do Río de Xaneiro. Foi fundada en 1850, a unha altitude de 695 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2004 un PIB per cápita de R$ 8,6 mil (uns 3,3 mil euros aproximadamente), e unha das máis altas expectativas de vida do Brasil. Estratexicamente localizada entre os maiores mercados consumidores do Brasil, está dotada de toda a infraestrutura necesaria para modernos emprendementos. Ocupa un lugar destacado en calidade de vida e investimentos no estado de Minas Xerais, Juiz de Fora tamén destaca polo alto índice de desenvolvemento humano, de acordo coa ONU.

Economía

[editar | editar a fonte]

Destaca na economía da cidade o sector industrial, principalmente téxtil e de alimentos. Durante moitos anos, Juiz de Fora foi coñecida como a Manchester Mineira, pero a actividade industrial retraeuse coa recesión económica brasileira do comezo da década de 1980. O comercio, os servizos e o lecer tamén son importantes, e nos últimos anos a economía da cidade volveu a crecer e diversificarse. Un gran shopping center e un moderno aeroporto están en construción [cando?]. En 1998 a cidade recibiu unha fábrica de automóbiles da Mercedes Benz.

Cultura e lecer

[editar | editar a fonte]

A cidade é sede da Universidade Federal de Juiz de Fora, unha das máis importantes institucións de ensino superior brasileiras. Hai tamén diversas escolas de ensino fundamental, e outras de ensino medio e tamén facultades particulares.

Juiz de Fora é un importante centro rexional cultural, sendo a única cidade da súa rexión en ter cinemas, teatros e outros locais de diversión. Hai tamén importantes museos, como o Museu Mariano Procópio e o MAM - Museu de Arte Moderna Murilo Mendes. Hai tamén unha Orquestra Filharmónica. A cidade realiza anualmente un festival de música clásica, o Festival Internacional de Música Colonial Brasileira e Música Antiga.

Outro evento coñecido na cidade nos últimos anos é a escolla da chamada Miss Brasil Travestí, que atrae participantes de varios puntos do Brasil e algún movemento para a rede hoteleira da cidade.