O Khanato de Chagatai, tamén coñecido como Chagatai Ulus,[1] foi un khanatomongol e posteriormente turquizado[2][3] que comprendía as terras gobernadas por Chagatai Khan, segundo fillo de Genghis Khan, e os seus descendentes e sucesores.
Coa división do Imperio Mongol despois de 1259, converteuse nun khanato funcionalmente separado. No seu auxe a finais do século XIII, o khanato estendíase desde o río Amu Daria ao sur do mar de Aral ata as montañas Altai na fronteira entre a actual Mongolia e China, correspondendo aproximadamente á área que antes gobernaban os Qara Khitai (dinastía Liao occidental).