Saltar ao contido

Lago Constanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago Constanza
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
 Parte de
 Composto por
 Epónimo
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 País da cunca
 Conca hidrográfica
 Efluente do lago
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Anchura
   14 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   63 km Editar o valor en Wikidata
 Profundidade
251,14 m
90 m Editar o valor en Wikidata
 Perímetro
   273 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   536 km² Editar o valor en Wikidata
 Volume
48 km³
48.522.000.000 m³
47.700.000.000 m³ Editar o valor en Wikidata
 Altitude
395,23 m
397 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie cunca hidrográfica
11.500 km²
11.487 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1156846 Editar o valor en Wikidata
VIAF128765153 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0k3wg Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Foto satélite do Lago de Constanza, cortesía NASA

O lago de Constanza (alemán: Bodensee) é un lago atravesado polo río Rin.

O Lago de Constanza foi mencionado por primeira vez polo xeógrafo hispánico Pomponio Mela, ao redor do ano 43 a.C., observando que o Rin atravesaba dous lagos, aos que lles deu os nomes latinos de Lacus Venetus (hoxe Obersee) e Lacus Acronius (hoxe Untersee). Plinio o Vello usou o nome Lacus Brigantinus, por mor da cidade romana de Brigantium (hoxe Bregenz).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Sitúase na fronteira de Alemaña ao norte, de Austria ao leste e de Suíza ao sur, destacando ademais o enclave da cidade alemá de Constanza na marxe suíza. O Lago baña os Länder alemáns de Baden-Württemberg e de Baviera, e os cantóns suízos de Turgovia e Sankt Gallen.

A súa área é de 536 km², calculada de novo en 2004, xa que o valor tradicional era de 571 km² e correspondía co nivel hidrolóxico máximo e non co seu nivel medio. O lago está situado 395 m por riba do nivel do mar e é o terceiro maior lago da Europa Central, despois do Lago Balaton e do Léman. A súa maior profundidade é de 252 m, no medio da súa parte oriental (Obersee). O seu volume é de aproximadamente 55 km³.

O lago ten catro partes: Obersee, Überlinger See, Zeller See e Untersee. O Rin entra no lago polo sueste, a través do Obersee, na cidade de Constanza, e do Untersee, saíndo do lago preto de Stein am Rhein. O lago de Constanza fornece de auga a varias cidades do sur de Alemaña.

O lago de Constanza foi formado polo glaciar do Rin durante a Era glacial. O Rin, o Bregenzer Ache, e o Dornbirner Ache transportan sedimentos dos Alpes para o lago, diminuíndo así gradualmente a profundidade do lago no sueste.

Fronteira

[editar | editar a fonte]

Non existe un acordo legal sobre onde pasan as fronteiras da Suíza, Alemaña e Austria no lago. Mentres que a Suíza mantén a idea de que a fronteira pasa polo medio do lago, a Austria considera que o lago está suxeito ao condominio dos tres Estados nas súas marxes. Alemaña mantén unha opinión ambigua. Cuestións legais relacionadas coa circulación de barcos e pesca son rexidas en tratados separados.

Cidades bañadas

[editar | editar a fonte]

A partir da entrada do Rin, na marxe norte ou dereita.

No Obersee e Überlinger See

No Untersee

Da entrada do Rin, na marxe sur ou esquerda:

No Obersee

No Rin

No Untersee

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]