Saltar ao contido

Lago Ness

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago Ness
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 País da cunca
 Cordilleira
 Efluente do lago
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Anchura
   1,5 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   39 km Editar o valor en Wikidata
 Profundidade
   272 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   56,4 km² Editar o valor en Wikidata
 Volume
   7.450 hm³ Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   16 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie cunca hidrográfica
   1.775 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap4023212 Editar o valor en Wikidata
VIAF159069672 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04p17 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons
Vista do lago Ness dende o seu extremo meridional, en Fort Augustus.
A torre do castelo de Urquhart, co lago Ness ao fondo.

O lago Ness (Loch Ness) é un loch (lago) de auga doce localizado nas Highlands de Escocia, de forma estreita e alongada con cerca de 37 quilómetros de lonxitude. O lago ocupa unha área de preto de 56,4 km² e ten unha profundidade máxima de 226 metros. A visibilidade da auga é extremadamente reducida debido á turba dos solos circundantes, que levan cara ao lago as redes de drenaxe. Crese que o lago Ness foi modelado polos glaciares da última era glacial.

O lago Ness é mundialmente coñecido polas alegadas aparicións do monstro do lago Ness, que os habitantes locais chaman Nessie. As evidencias científicas para a existencia deste monstro, descrito como unha especie de dragón mariño, son nulas, o que non impide que sexa unha atracción turística.

O lago Ness é o maior exemplo escocés de lagos encaixados en fallas xeolóxicas, neste caso a Falla de Great Glen, con rumbo nordeste-sueste. Este tipo de lago, coñecido como loch, caracterízase pola grande fondura e pola morfoloxía alongada de acordo coa dirección da falla que os modela.

As augas do Lago Ness son bastante frías, debido principalmente á súa latitude e á súa profundidade. O seu litoral é bastante pintoresco, con castelos como o de Eilean Donan, onde foi filmada a escena inicial do filme Highlander, ou ruínas de castelos, como o de Urquhart, en Drumnadrochit.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]