Saltar ao contido

Lifou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lifou
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   81 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.146 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap3222342 Editar o valor en Wikidata
VIAF315138180 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07s71w Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Lifou ou Drehu no idioma local é a illa máis grande, máis populosa e máis importante das Illas da Lealdade (îles Loyauté) en Nova Caledonia un territorio de ultramar de Francia no océano Pacífico. Ten unha superficie de 1207´1 Km², e unha altura máxima de 104 m., a súa poboación era de 9.275 habitantes, censo do 2014.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

En primeiro lugar descuberto polo francés Dumont d'Urville en 1857,[1] foi pronto visitado polos baleeiros e comerciantes, e converteuse nun destino para os misioneiros protestantes e católicos para salvar ás almas das poboacións locais. En 1864 as illas foron anexadas por Francia, que á súa vez a estableceu como unha reserva aborixe.[2] xa que non se cría adecuada para unha extensa colonización.

Administración

[editar | editar a fonte]

A illa forma parte da comuna (municipio) de Lifou, na provincia das Illas da Lealdade de Nova Caledonia. O centro administrativo da comuna atópase en Wé, no lado leste da illa de Lifou, na baía de Chateaubriand. A moeda local é o franco CFP (Franco francés do Pacífico).[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Lifou desde o espazo, novembro de 1990

De forma irregular, a illa de Lifou ten 81 km. de longo e de 16 a 24 km. de largo. A illa é plana, sen outeiros ou ríos, pero ten vexetación abundante, densas selvas interiores, chans fértiles, cantís en socalcos e impresionantes arrecifes e corais.

A illa de Lifou era un antigo atol coralino que formaba parte dun volcán mergullado. Fai case 2 millóns de anos, a illa emerxeu á súa forma e altura actual, hoxe séntase nos 60 m de media sobre o nivel do mar, no seu punto máis alto acada os 104 m.. Posto que non hai ríos en Lifou, a auga provén da choiva que penetra a través do seu chan calcario e forma estanques de auga doce.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Coas súas ricas augas do Pacífico os peixes, incluíndo cangrexos, lagostas, e tartarugas atópanse en abundancia, xunto con animais típicos criados como cabras, porcos e polos. Os cultivos inclúen coco, banano, taro, batata, ñame e a vainilla. Mentres que a introdución francesa do cultivo de café permanece.

Economía

[editar | editar a fonte]

O turismo é unha industria importante na illa. As principais exportacións inclúen copra, caucho, vainilla e cana de azucre.

O termo Kanak[4] utilízase para chamar aos nativos das illas e a súa lingua materna da illa é o Drehu, descenden dos melanesios e polinesios.[3] Cun total de 19 tribos diversas que habitan as tres illas da lealdade, seis das cales están en Lifou.

  1. ↑ "Lifou, an island of many faces". www.iles-loyaute.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2012.
  2. ↑ "Discover Lifou". en.newcaledonia-tv.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2012.
  3. 1 2 "Lifou, Loyalty Island". www.royalcaribbean.com. Consultado o 25 de setembro de 2012.
  4. ↑ "New Caledonia". www.everyculture.com/. Consultado o 25 de setembro de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]