Adoitan teren cabezas enormes, anchas, chatas e deprimidas dorsoventralmente, co resto do corpo reducido como se fose un apéndice da cabeza. A boca tamén é desproporcionadamente grande, con longos e afiados dentes dirixidos cara a atrás. As mandíbulas e o estómago son distensibles, o que lles permite tragar peixes máis grandes ca eles. Poden alcanzar tamaños de ata 2 m e pesos máximos de 30kg.
A pel é núa. As aletas carecen de espiñas e as pectorais están sostidas por un curto brazo. Esta característica explica o nome de pediculados (Pediculati) co que tamén se coñece esta orde. Con estas "patas", as especies bentónicas son quen de "camiñar" polo chan do océano.
Resulta característica a modificación que sofre a primeira aleta dorsal: o primeiro ou primeiros raios espiñosos transfórmanse nun apéndice filiforme, rematado por un ensanchamento carnoso, que lles serve para atraer as presas e podelas enviar para a boca, nun rápido movemento, cando están próximas.[1]
Xeralmente son peixes abisais que viven en augas tan profundas que non existe luz, polo que algunhas especies hainos que desenvolven órganos bioluminiscentes.
↑Cousseau, María Berta et al. (2010):
Ictiología. Aspectos fundamentales. La vida de los peces sudamericanos. Eudem (Editorial de la Universidad Nacional de Mar del Plata). ISBN 9879871371419.
Miya, M.; T. Pietsch; J. Orr; R. Arnold; T. Satoh; A. Shedlock; H. Ho; M. Shimazaki e M. Yabe (2010): "Evolutionary history of anglerfishes (Teleostei: Lophiiformes): a mitogenomic perspective". BMC Evolutionary Biology10: 58. Amplo resumo(en inglés) Consultado o 13/11/2012.
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.