Saltar ao contido

Lunar Reconnaissance Orbiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lunar Reconnaissance Orbiter
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Impulsado por
 Tipo de órbita
 Astro pai
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
15 de setembro de 2009 Editar o valor en Wikidata
 Lanzamento
18 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata
 Época
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Altura
   3,86 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   2,74 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   2,62 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
1.916 kg peso de lanzamento
1.018 kg peso seco Editar o valor en Wikidata
 Carga útil
   92,6 kg Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   107 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   73 km Editar o valor en Wikidata
 Excentricidade orbital
   0,0094 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04fzq_z Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

LRO (acrónimo de Lunar Reconnaissance Orbiter) é un satélite artificial estadounidense lanzado o 18 de xuño de 2009 mediante un Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

LRO é unha sonda espacial enviada á Lúa para facer diversos estudos científicos. A súa misión principal é cartografar a superficie lunar e buscar sitios para posibles futuras aluaxes, así como buscar posibles recursos utilizables por hipotéticas misións tripuladas e estudar o contorno de radiación da Lúa.[1][2][3]

LRO foi lanzado xunto coa sonda LCROSS o 18 de xuño de 2009. Chegou á Lúa o 23 de xuño seguindo unha traxectoria directa, entrando nunha órbita inicial cun período de 5 horas e un periapse duns 100 km. A órbita de traballo final é circular e cunha altura de 50 km.[1][2][3]

LRO estabilízase nos tres eixos. A alimentación eléctrica é proporcionada por un panel solar de 10,7 m² que produce ata 1850 vatios de potencia que se almacenan nunha batería de ións de litio cunha capacidade de 80 amperios-hora. As comunicacións teñen lugar en banda S para a subida de comandos e para a desgarga de datos a baixa velocidade, e en banda Ka para descarga de alta velocidade (ata 300 Mbps). LRO leva ata 92 kg de instrumentación científica.[1][2][3]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

LRO leva a bordo os seguintes instrumentos científicos:[1][2][3]

  • Lunar Reconnaissance Orbiter Camera (LROC): composto por dúas cámaras monocromáticas de alta resolución (ata 1 metro) e unha cámara gran angular (100 metros de resolución) en cor e ultravioleta.
  • Lunar Orbiter Laser Altimeter (LOLA): altímetro láser para medir terreos inclinados e buscar xeos polares.
  • Lunar Exploration Neutron Detector (LEND): detector de neutróns para a buca de xeo de auga e caracterizar o contorno de radiación da Lúa.
  • Diviner Lunar Radiometer Experiment (DLRE): radiómetro para medir a temperatura da superficie lunar e identificar trampas frías e posibles depósitos de xeo.
  • Lyman-Alpha Mapping Project (LAMP): un cartografiador na lonxitude de onda Lyman alfa para estudar a superficie lunar no ultravioleta distante.
  • Cosmic Ray Telescope for the Effects of Radiation (CRaTER): estuda a radiación cósmica de fondo usando plásticos nos que a radiación actúa de forma parecida a como o fai con tecido orgánico.
  1. 1 2 3 4 5 NASA (27 de marzo de 2013). "Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de xullo de 2013.
  2. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "LRO (Lunar Reconnaissance Orbiter)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2013.
  3. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2011). "LRO" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]