Saltar ao contido

MAVEN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MAVEN
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Impulsado por
 Tipo de órbita
 Astro pai
 Tipo de órbita
Implicados
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
18 de novembro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Historia
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Custo
   366.800.000 $ (2014) Editar o valor en Wikidata
 Altura
   3,47 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   2,29 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   11,43 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
2.454 kg peso de lanzamento
809 kg peso seco Editar o valor en Wikidata
 Carga útil
   65 kg Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   6.000 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   150 km Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04yfsbs Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

MAVEN ou Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN é unha sonda espacial da NASA lanzada o 18 de novembro de 2013 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar Marte.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

MAVEN foi enviada a Marte para estudar a atmosfera superior e a ionosfera do planeta vermello, así como as súas interaccións co vento solar e determinar a perda co tempo dos gases da atmosfera marciana e o seu efecto na evolución do planeta.[1][2][3]

O corpo da nave ten forma aproximadamente cúbica de 2,3 x 2,3 x 2,0 m, construído con paneis de aluminio entremetidos en paneis de composto de grafito. No centro do corpo atópase un depósito de propelente cilíndrico de 1,3 m de diámetro que pode conter ata 1640 kg de hidracina. Do corpo da nave saen dous paneis solares que proporcionan a alimentación eléctrica. A nave leva oito instrumentos científicos a bordo: un magnetómetro, un espectrómetro de ións e gases neutros, unha sonda Langmuir e detector de ondas, un espectrómetro ultravioleta, un analizador de electróns do vento solar, un analizador de ións do vento solar, un detector de partículas enerxéticas solares e un detector de ións termais e supratermais.[1][2][3]

MAVEN foi lanzada o 18 de novembro de 2013 e chegou a Marte o 22 de setembro de 2014, acadando unha órbita científica cun período de 4,5 horas, unha inclinación de 75º e unha periapse de 150 km.[1][2][3]

  1. 1 2 3 4 NASA (14 de maio de 2020). "Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN (MAVEN)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2020.
  2. 1 2 3 4 Mark Wade (2020). "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MAVEN (Mars Scout 2)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]