Saltar ao contido

macOS Sierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

MacOS Sierra
 Nome curto
Sierra (en)
Sierra (de) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Formato de distribución
 Baseado en
 Plataforma
 Biblioteca de IU
 Licenza
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Editorial
 Distribuidor/a
Datas
 Fundación / creación
20 de setembro de 2016 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
20 de setembro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
OS X El Capitan (2015 - ) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
 Versións
10.12.6 (9 de xullo de 2018) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

macOS Sierra (versión 10.12) é a décimo terceira versión de macOS, o sistema operativo de Apple Inc. para os seus ordenadores de escritorio, portátiles e servidores Macintosh. É a primeira versión do sistema operativo tras o cambio de denominación de "OS X" a "macOS".

Foi anunciada o 13 de xuño de 2016 durante a WWDC dese ano xunto coas novas versións dos outros sistemas operativos dos produtos de Apple (iOS 10 para iPhone e iPad, watchOS 3 para Apple Watch e tvOS 10 para Apple TV). Foi lanzada oficialmente o 20 de setembro de 2016.

Características

[editar | editar a fonte]

Os principais cambios na versión 10.12 foron os seguintes:[1]

A interface do sistema é practicamente idéntica á da versión anterior OS X El Capitan.

Inicio de sesión

[editar | editar a fonte]

O ordenador pódese desbloquear automaticamente cando o usuario está preto do mesmo e leve consigo un Apple Watch.

Portapapeis universal

[editar | editar a fonte]

Desde esta versión existe un portapapeis único para todos os dispositivos de Apple que dispoña o usuario. A través da ferramenta que a compañía denominou Continuity, é posible copiar un texto no iPhone e pegalo nun documento no Mac, ou viceversa.

A nova funcionalidade que Apple engadiu a iCloud foi a de optimizar o almacenamento do Mac. O servizo garda as versións antigas dos documentos, versións orixinais de imaxes e automatiza os procesos de eliminación da caché no navegador Safari, co obxectivo de liberar espazo no disco duro.

Apple Pay

[editar | editar a fonte]

O servizo de pago móbil permitiu desde esta versión facer pagamentos a terceiros a través da web no Mac, utilizando como medio de autorización do pago o Touch ID do iPhone.

Picture in Picture

[editar | editar a fonte]

Tras a súa inclusión nos iPad con iOS 9, está función chegou aos Mac. Durante a reprodución dun vídeo, se se preme o botón que o habilita, sepárase o vídeo da ventá na que se está reproducindo e créase unha ventá independente e flotante, que ademais se pode recolocar e redimensionar. Dita función tamén se pode utilizar cando o modo pantalla completa está activado.

Con esta versión o sistema de pestanas presente no navegador Safari esténdese ao resto de aplicacións, xa sexan nativas ou de terceiros, automaticamente. Desde agora, cando o usuario abre dúas ou máis ventás dunha mesma aplicación, en lugar de aparecer como ventás independentes, organízanse en pestanas.

Con macOS Sierra o asistente virtual Siri chegou á única plataforma de Apple que lle faltaba. Para invocala existen, por unha parte un acceso no dock, e por outro, un na barra de menú superior á dereita da pantalla. Ademais de desfrutar das mesmas funcións que en iOS, con macOS, engádeselle a posibilidade de buscar ficheiros a través do Finder. O usuario pode interactuar cos resultados, podendo engadilos ao centro de notificacións en forma de Widget ou arrastrar nun documento as imaxes devoltas como resultado. Tamén se integrou con iTunes.

  1. ↑ "macOS Sierra, resumen de sus principales novedades". Apple5x1. 13 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]