Saltar ao contido

Manspreading

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de manspreading nun autobús de Corea do Sur.

O manspreading[1], en galego espraiamento[2], é un anglicismo co que se adoita referir á práctica masculina de sentar en lugares públicos (asentos de medios de transpote, paradas de autobús, bancos públicos) espallando as pernas, abranguendo máis espazo que o que ocuparía un asento estándar[3]. A dita práctica estaría a prexudicar as persoas sentadas ao carón ao teren menos espazo persoal. Foi cuestión de debate nas redes sociais e é unha reivindicación que acotío denuncian grupos e organizacións feministas. En agosto de 2015 foi recollido polo dicionario Oxford English Dictionary, e posteriormente por organizacións españolas coma a Fundeu BBVA. Porén, a Real Academia Galega da lingua non a recolle.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A orixe do termo mansnpreading provén da unión das palabras inglesas man e spreading. O prefixo man ("home") e o sufixo spreading ("espallándose" ou "espraiándose"). O termo adoita empregarse coma substantivo, aínda que non ten tradución á lingua galega.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Entrada de manspreading no Oxford English Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2017.
  2. ↑ Facer que [algo] abranga moito espazo; aumentar de volume abranguendo máis espazo. Definición de "espraiarse" no dicionario da Real Academia Galega.
  3. ↑ Fitzsimmons, Emma G. "A Scourge Is Spreading. M.T.A.’s Cure? Dude, Close Your Legs.". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]