As catro naves de tipo Mars M-73 (Mars 4, Mars 5, Mars 6 e Mars 7) víronse afectadas por un defecto na súa electrónica consistente no uso de transistores2T312 que usaban aluminio nos seus contactos en vez de ouro, o que producía unha degradación importante e finalmente o fallo da electrónica. Mars 4, 6 e 7 fallaron nas súas misións principais debido a este problema.[1][2][3][4][5]
Tras o lanzamento, Mars 4 efectuou unha manobra de corrección de traxectoria o 30 de xullo de 1973. Chegou a Marte o 10 de febreiro de 1974, pero debido ao problema cos transistores os retrofoguetes nunca chegaron a ser acendidos, polo que non entrou na órbita do planeta vermello. Mars 4 pasou a 1844 km da superficie marciana, enviando unhas cantas imaxes e facendo un experimento de radioocultación no que se detectou por primeira vez a ionosfera do lado nocturno de Marte. Despois de pasar de longo, Marse 4 seguiu enviando datos do espazo interplanetario.[1][2][3][4][5]