Saltar ao contido

Massimo Dutti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Massimo Dutti
Logotipo
Imaxe
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1985 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Cadro de persoal
   10.000 (2024) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Fontes e ligazóns
VIAF122546336 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0284p1n Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: MassimoDuttiOfficial Twitter: massimodutti Instagram: massimodutti Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Massimo Dutti é unha empresa do grupo Inditex. Creouse no ano 1985 en Terrassa, dedicada á fabricación de roupa para homes. En 1991 Inditex obtivo o 65 % das accións da empresa, para comprala totalmente no ano 1995. A partir de entón a empresa diversificou a súa oferta e ofrece roupa para muller, neno, nena e perfumaría. Conta actualmente con máis de 525 tendas localizadas en máis de 30 países.

Ten o seu centro loxístico en Tordera (Barcelona, España) e o social en Arteixo.

Massimo Dutti en Bruxelas.

En 1974 Armando Lasauca (o nome do fundador da empresa) con 19 anos chegou de Madrid e comezou a traballar en Barcelona de vendedor de camisas. Un posto que lle ofreceu un amigo do seu pai[1]. Traballo que non coñecía nin tiña experiencia nunha cidade nova para el. Déuselle ben e en pouco tempo tiña o seu propio negocio, fabricando e vendendo camisas a grosistas e comerciantes. Os comezos foron duros pero chegou a vender a El Corte Inglés. En 1985, xa con certo éxito no negocio, considerouse a posibilidade de crear unha marca propia, con tendas propias. Buscou un nome pegadizo, algo grande e como lle dicía aos seus: tiña que ser o másimo. Na familia a Armando o coñecían de pequeno como Armanduti. O nome da empresa de deseñador italiano: Massimo Dutti. En poucos anos estaba facturando 4.500 millóns de pesetas. O aumento da facturación fixo necesario atopar máis socios. O grupo italiano Cofir chegou a ter o 49% da empresa e en pouco tempo o 70%. En 1991 Cofir vende a súa participación en Massimo Dutti a Inditex por unha cantidade estimada en 4.000 millóns de pesetas. O resto da empresa foi mercada en 1995 por Inditex por unha cantidade estimada en 2.000 millóns de pesetas. Ese mesmo ano o fundador da empresa deixou a dirección en mans de Inditex e fundou unha nova empresa: Polo Sur que tentou competir con Massimo Dutti sen éxito[2][3].

  1. ↑ "El fundador de Massimo Dutti dimite y venderá su participación a la cadena Zara" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Vanguardia, 15 de novembro de 1991 páx. 63 (en PDF) (en castelán).
  2. ↑ Massimo Dutti 25 Años, artigo no blog Revisión Interior, 16 de decembro de 2010 (en castelán).
  3. ↑ "Armando Lasauca dimite como presidente de Massimo Dutti", artigo de Walter Oppenheimer en El País, 15 de novembro de 1991 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]