Saltar ao contido

Matriz nilpotente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En álxebra linear, unha matriz nilpotente é unha matriz cadrada N tal que

Nk=0

para algún enteiro k. O k máis pequeno deste tipo chámase índice de N, [1] ou ás veces o grao de N.

De xeito máis xeral, unha transformación nilpotente é unha transformación linear L dun espazo vectorial tal que Lk=0 para algún enteiro positivo k (e, polo tanto, Lj=0 para todos os j≥k).[2][3][4]

Estes dous conceptos son casos especiais dun concepto máis xeral de nilpotencia que se aplica aos elementos dos aneis.

Exemplo 1

[editar | editar a fonte]

A matriz

A=[0100]

é nilpotente de índice 2, xa que A2=0.

Exemplo 2

[editar | editar a fonte]

De forma máis xeral, calquera matriz triangular de n dimensións con ceros ao longo da diagonal principal é nilpotente, con índice ≤n. Por exemplo, a matriz

B=[0216001200030000]

é nilpotente, con

B2=[0027000300000000]; B3=[0006000000000000]; B4=[0000000000000000]

O índice de B é polo tanto 4.

Exemplo 3

[editar | editar a fonte]

Aínda que os exemplos anteriores teñen un gran número de entradas cero, unha matriz nilpotente típica non o ten. Por exemplo,

C=[5−3215−9610−64]C2=[000000000]

aínda que a matriz non ten entradas cero.

Exemplo 4

[editar | editar a fonte]

Alén diso, calquera matriz da forma

[a1a1⋯a1a2a2⋯a2⋮⋮⋱⋮−a1−a2−…−an−1−a1−a2−…−an−1…−a1−a2−…−an−1]

como

[555666−11−11−11]

ou

[111122224444−7−7−7−7]

elévase ao cadrado dando cero.

Exemplo 5

[editar | editar a fonte]

Se cadra algúns dos exemplos máis sorprendentes de matrices nilpotentes sexan as matrices cadradas n×n da forma:

[222⋯1−nn+211⋯−n1n+21⋯−n11n+2⋯−n⋮⋮⋮⋱⋮]

As primeiras delas son:

[2−14−2][22−251−315−3][222−3611−4161−4116−4][2222−47111−51711−51171−51117−5]…

Estas matrices son nilpotentes mais non hai entradas cero en ningunha das súas potencias inferiores ao índice.[5]

Exemplo 6

[editar | editar a fonte]

Considere o espazo linear de polinomios de grao limitado. O operador derivada é un mapa linear. Sabemos que ao aplicar a derivada a un polinomio diminúe o seu grao en un, polo que ao aplicalo de forma iterativa, acabaremos por obter cero. Polo tanto, en tal espazo, a derivada é representábel por unha matriz nilpotente.

Caracterización

[editar | editar a fonte]

Para unha matriz cadrada n×n, N, con entradas reais (ou complexas), as seguintes afirmacións son equivalentes:

O último teorema é certo para matrices sobre calquera corpo de característica 0 ou característica suficientemente grande. (cf. Identidades de Newton)

Este teorema ten varias consecuencias, incluíndo:

  • O índice dunha matriz nilpotente n×n sempre é menor ou igual a n. Por exemplo, cada matriz 2×2 nilpotente elevada ao cadrado é cero.
  • O determinante e a traza dunha matriz nilpotente son sempre cero. En consecuencia, unha matriz nilpotente non pode ser invertíbel.
  • A única matriz diagonalizábel nilpotente é a matriz cero.

Ver tamén: Descomposición de Jordan-Chevalley.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Considere a matriz de desprazamento n×n (superior):

S=[010…0001…0⋮⋮⋮⋱⋮000…1000…0].

Esta matriz ten 1 ao longo da superdiagonal e 0s no resto da matriz. Como transformación linear, a matriz de desprazamento "despraza" as compoñentes dun vector unha posición cara á esquerda, aparecendo un cero na última posición:

S(x1,x2,…,xn)=(x2,…,xn,0).[6]

Esta matriz é nilpotente con grao n, e é a matriz nilpotente canónica.

Especificamente, se N é calquera matriz nilpotente, entón N é semellante a unha matriz diagonal en bloques da forma

[S10…00S2…0⋮⋮⋱⋮00…Sr]

onde cada un dos bloques S1,S2,…,Sr é unha matriz de desprazamento (posibelmente de diferentes tamaños). Esta forma é un caso especial da forma canónica de Jordan para matrices.[7]

Por exemplo, calquera matriz 2×2 nilpotente distinta de é semellante á matriz

[0100].

É dicir, se N é calquera matriz 2×2 nilpotente distinta de cero, entón existe unha base b1,b2 de tal forma que Nb1=0 e Nb2=b1.

Este teorema de clasificación cúmprese para matrices sobre calquera corpo. (Non é necesario que o corpo estea pechado alxebricamente.)

Bandeira de subespazos

[editar | editar a fonte]

Unha transformación nilpotente L en ℝn determina naturalmente unha bandeira de subespazos

{0}⊂ker⁡L⊂ker⁡L2⊂…⊂ker⁡Lq−1⊂ker⁡Lq=ℝn

e unha sinatura

0=n0<n1<n2<…<nq−1<nq=n,ni=dim⁡ker⁡Li.

A sinatura caracteriza L ata unha transformación linear invertíbel. A maiores, satisfai as desigualdades

nj+1−nj≤nj−nj−1,para todos os j=1,…,q−1.

Pola contra, calquera secuencia de números naturais que satisfaga estas desigualdades é a sinatura dunha transformación nilpotente.

Propiedades adicionais

[editar | editar a fonte]
(I+N)−1=∑m=0k(−N)m=I−N+N2−N3+N4−N5+N6−N7+⋯+(−N)k(I−N)−1=∑m=0kNm=I+N+N2+N3+N4+N5+N6+N7+⋯+Nk
  • Se N é nilpotente, entón
det⁡(I+N)=1.
Pola contra, se A é unha matriz e
det⁡(I+tA)=1
para todos os valores de t, entón A é nilpotente. De feito, dado que p(t)=det⁡(I+tA)−1 é un polinomio de grao n, abonda con ter este valor para n+1 valores distintos de t.

Xeneralizacións

[editar | editar a fonte]

Un operador linear T é localmente nilpotente se para cada vector v, existe un k∈ℕ tal que

Tk(v)=0.

Para os operadores nun espazo vectorial de dimensións finitas, a nilpotencia local é equivalente á nilpotencia.

  1. ↑ Herstein (1975, p. 294)
  2. ↑ Beauregard & Fraleigh (1973, p. 312)
  3. ↑ Herstein (1975, p. 268)
  4. ↑ Nering (1970, p. 274)
  5. ↑ Mercer, Idris D. (31 October 2005). "Finding "nonobvious" nilpotent matrices" (PDF). idmercer.com. self-published; personal credentials: PhD Mathematics, Simon Fraser University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de marzo de 2026. Consultado o 5 April 2023.
  6. ↑ Beauregard & Fraleigh (1973, p. 312)
  7. ↑ Beauregard & Fraleigh (1973, pp. 312,313)
  8. ↑ R. Sullivan, Products of nilpotent matrices, Linear and Multilinear Algebra, Vol. 56, No. 3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]