Saltar ao contido

Mehetia

Mehetia
Vista aérea
Imaxe
 Parte de
Datas
 Descuberta / invención
9 de febreiro de 1606 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   0 (2007) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1,7 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   1,7 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2,3 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   435 m Editar o valor en Wikidata
 Prominencia topográfica
   435 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02pyjhn Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Mehetia (ou tamén Meetia; Meheti´a en tahitiano normalizado) é unha illa do grupo do Vento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 110 km ao leste de Tahití.

A illa é un volcán moi novo que se atopa nunha zona aínda moi activa con movementos sísmicos. A altitude máxima atópase no cráter do monte Fareura a 435 m. A superficie total é de 2´3 km². Desde o principio do século XX está deshabitada e hoxe en día é de propiedade privada.

Historicamente a illa estaba habitada e controlada polo xefe de Taiarapu, a península ao sueste de Tahití. Utilizábase como punto intermedio de comercio entre Tahití e as illas Tuamotu, que proporcionavan perlas e nácara. Ao atoparse inmediatamente ao leste de Tahití, foi un punto de paso dos navegantes europeos desde América ata Tahití. O primeiro europeo en visitala foi o inglés Samuel Wallis en 1767. Chamouna Osnaburg Island en honra a segundo fillo do rei Xurxo III, Frederick Augustus abispo de Osnabruck en Hanover, Alemaña. O ano seguinte chegou o francés Louis Antoine de Bougainville que chamou á illa Le Boudoir. Non está claro o propósito deste nome xa que naquela época era a cámara íntima do ama de casa. Ao pico volcánico chamouno Boudeuse, nome do seu barco. Tamén foi avistado polo navegante español Domingo de Barnechea o 6 de novembro de 1772 no buque Aguila. Chamou a esta illa San Cristóbal.

Nesta época, o século XVIII, a illa contaba cuns 1.500 habitantes, que foron deportados polos piratas de Anaa en 1806. No século XIX utilizouse como colonia penal e despois quedou deshabitada. En 1986 sufriu un forte terremoto.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]