Saltar ao contido

Menno Simons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMenno Simons

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1496 Editar o valor en Wikidata
Wytmarsum Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1561 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Bad Oldesloe Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBad Oldesloe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnabaptismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Emden Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo, sacerdote, anabaptismo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Encyclopædia Britannica
New International Encyclopedia Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 151584 BNE: XX4860490 WikiTree: Simens-20

Menno Simons, nado en Wytmarsum en 1496 e fnado en Wüstenfelden o 31 de xaneiro de 1561, foi un líder relixioso anabaptista neerlandés. Simons foi contemporáneo dos reformadores protestantes e os seus seguidores foron coñecidos como menonitas.

"Menno Simons" é a versión neerlandesa do seu nome. A versión frisoa é Minne Simens,[1] en que o posesivo "s" crea un patronímico que significa "Minne, fillo de Simen".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Simons naceu en 1496[2] nunha familia de aldeáns en Wytmarsum, provincia de Frisia (Sacro Imperio Romano Xermánico). O seu pai chamábase Simon e tivo un irmán chamado Pieter.[3]

Foi destinado polos seus padres ao sacerdocio católico. Foi ordenado sacerdote en 1515 ou 1516[4] en Utrecht. Sendo párroco da súa aldea natal, separouse da Igrexa católica o 12 de xaneiro de 1536,[4] para unirse aos anabaptistas pacifistas, despois de estudar con detemento a Biblia e vivir un proceso de afastamento dos dogmas católicos.

En 1537 foi ordenado en Groninga como bispo anabaptista. O seu labor tivo éxito, de xeito que un edicto do emperador Carlos V ofreceu recompensa de 100 moedas de ouro pola súa cabeza e indulto por calquera delito cometido por quen o entregase.

En 1543 foi enviado ao noroeste de Alemaña onde se dedicou os dezaoito últimos anos da súa vida a construír igrexas, ao tempo que proseguía o seu traballo en Frisia.

Estivo en Colonia, Holstein, Prusia e outros lugares, sempre organizando e predicando, acosado polos perseguidores. Aínda que se sabe que estaba casado con Geertruydt e tivo polo menos un fillo e dúas fillas,[5] as condicións de clandestinidade impediron rexistrar máis detalles da súa vida familiar.

Foi notoria a súa preocupación pola divulgación escrita dos puntos de vista anabaptistas nas diferentes linguas da rexión en que traballaba, para o que, cun impresor identificado só como B.L., estableceu unha imprenta en Lübeck, que debeu trasladar a Oldesloe (Holstein) e posteriormente en 1554 ao próximo refuxio anabaptista en Wüstenfelde, onde falceu o 31 de xaneiro de 1561 e foi sepultado no seu xardín.[3]

  • Van de Geestlijke Verrijsenisse (ca. 1536; "A resurrección espiritual")
  • De nieuwe Creatuere (ca. 1537; "O novo nacemento")
  • Christelycke leringhen op den 25. Psalm (ca. 1538; "Meditación sobre o salmo 25")
  • Why I Do Not Cease Teaching and Writing (1539; "Por que non paro de ensinar e escribir")
  • Dat Fundament des Christelycken leers (1539–40; "Fundación da doutrina cristiá")[6]
  1. ↑ Hendrik Twerda, Fan Fryslâns Forline, Bolsward, 1968 (Utjowerij A.J. Osinga), p. 128.
  2. ↑ Menno's life. Menno Simons.net. Consultado o 15 de abril de 2009.
  3. 1 2 Menno Simons (1496-1561). Global Anabaptist Mennonite Encyclopedia Online. Consultado o 20 de abril 2009.
  4. 1 2 Herbermann, Charles, ed. (1913). "Mennonites". Catholic Encyclopedia (en inglés) (New York: Robert Appleton Company). Consultado o 31 de decembro de 2019.
  5. ↑ Geertruydt (16th century). Global Anabaptist Mennonite Encyclopedia Online. Consultado o 26 de outubro de 2012.
  6. ↑ Menno's Foundation-Book. Menno Simons.net. Consultado o 15 de abril de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]