Saltar ao contido

Mihrab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mihrab
 Nome orixinal
    محراب (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0220pc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Mihrab (en árabe, محراب) é un nicho no muro dunha mesquita que ten como función indicar a quibla, a dirección cara á Meca cara onde deben rezar os musulmáns. Alí é onde se coloca a persoa que dirixe as oracións -muecín- e que grazas á existencia dese nicho difúndese facilmente por toda a mesquita. Normalmente o mihrab é o punto máis ricamente decorado da mesquita.

Nas mesquitas de Al-Andalus o mihrab adoitaba estar orientado non cara ao leste, coma no resto do mundo islámico, senón cara ó sur ou sueste. Un exemplo sería a mesquita de Córdoba.

Mihrab da mesquita de Isfahan, Irán.