Mitski
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Mitsuki Laycock Miyawaki 27 de setembro de 1990 prefectura de Mie |
| Residencia | Nashville |
| Educación | Universidade Estatal de Nova York en Purchase Alabama School of Fine Arts (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Nova York |
| Ocupación | cantante, compositora, música |
| Período de actividade | 2012 |
| Xénero artístico | Indie rock, punk rock, folk rock, Folk punk, arte pop e j-pop |
| Instrumento | Piano, guitarra, baixo, batería e violín |
| Selo discográfico | Dead Oceans Double Double Whammy (en) Don Giovanni Records |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| Sitio web | mitski.com |
Mitsuki Laycock, tamén coñecida como Mitski Miyawaki, e profesionalmente como Mitski, nada na prefectura de Mie (Xapón) o 27 de setembro de 1990, é unha cantante e compositora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autopublicou os primeiros dous álbums, Lush (2012), e Retired from Sad, New Career in Business (2013), mentres estudaba composición no Purchase College's Conservarory of Music. Estes álbums eran orixinalmente o proxecto final dos seus estudos. O seu terceiro traballo de estudio, Bury Me at the Makeout Creek, foi estreado en 2014 baixo o selo Double Double Whammy.
Mitski asinou con Dead Oceans en 2015 e lanzou Puberty 2 (2016), Be the Cowboy (2018), e Laurel Hell (2022), este último alcanzou o top 10 dez en varios países. En 2022, The Guardian bautizouna como "mellor nova compositora" dos Estados Unidos. Aquel ano, coescribiu "This Is a Life" con Son Lux para o filme Everything Everywhere All at Once, recibindo un nomeamento de Premio da Academia para Mellor Canción Orixinal. O seu sétimo álbum de estudio, The Land is Inhospitable and So Are We saíu en 2023. O terceiro sinxelo deste álbum "My Love Mine All Mine" converteuse na primeira canción de Mitski e acadar o primeiro posto no Billboard Hot 100.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Lush (2012)
- Retired from Sad, New Career in Business (2013)
- Bury Me at Makeout Creek (2014)
- Puberty 2 (2016)
- Be the Cowboy (2018)
- Laurel Hell (2022)
- The Land is Inhospitable and So Are We (2023)