Polo menos utilizáronse dúas técnicas para medi-la distancia ata NGC 5102. A técnica de medición de distancias mediante as flutuacións superficiais do brillo estima a distancia para galaxias en espiral baseándose na granulación do aspecto dos seus núcleos. A distancia estimada para NGC 5102 usando esta técnica foi de 13,0 ± 0,8 Mal (4,0 ± 0,2 Mpc).[1] Pero, NGC 5102 tamén está o suficientemente preto coma para usa-lo método da xigante vermella máis brillante para estima-la súa distancia. A distancia estimada para NGC 5102 usando está técnica foi de 11,1 ± 1,3 Mal (3,40 ± 0,39 Mpc).[2] A media dos dous métodos dá unha estimación para a distancia de 12,1 ± 0,7 Mal (3,70 ± 0,23 Mpc).[3]