Saltar ao contido

O Mozo Azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Mozo Azul
 Título
    The Blue Boy (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Movemento
 Inspirado en
 Representado por
 Tema principal
 Colección
 Material / ingrediente
Implicados
 Creador/a
 Propietario/a
Biblioteca Huntington (pt) Traducir (1921 - )
Robert Grosvenor, 1st Marquess of Westminster (en) Traducir (1809 - 1845)
Joseph Duveen, 1.º Barão Duveen (pt) Traducir (1921 - 1921)
John Hoppner (pt) Traducir (1802 - 1809)
Jonathan Buttall (en) Traducir (1771 - 1796)
John Nesbitt (en) Traducir (1796 - 1802)
Hugh Grosvenor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1770 Editar o valor en Wikidata
 Período
Historia
 Acontecementos importantes
1796, 1802, 1809, 1921venda Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   179,4 cm Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   123,8 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Lugar de creación
 Exposición
Fontes e ligazóns
VIAF179144776 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07nmx5 Editar o valor en Wikidata
 Número inventario
21.1 (Biblioteca Huntington (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

O Mozo Azul (en inglés: The Blue Boy) é unha pintura ao óleo realizada por Thomas Gainsborough arredor de 1770.

Retrato de Carlos II de neno, de Van Dyck

O Mozo Azul é a obra máis famosa de Gainsborough e crese que é un retrato de Jonathan Buttall (1752-1805), fillo dun rico comerciante, aínda que non chegou a ser demostrado. Trátase dun retrato, á vez que un estudo histórico do vestiario dos mozos do século XVIII. Considérase que foi unha homenaxe de Gainsborough a Anton van Dyck; en particular está moi próximo ao retrato de Carlos II cando era neno realizado por Van Dyck, e que seguramente Gainsborough descubriu xunto coa pintura de Rubens nas coleccións do castelo de Wilton que visitou co seu amigo e mecenas Philip Thicknesse.[1]

Hai indicios de que Gainsborough xa pintara algo no lenzo antes de comezar O Mozo Azul. A pintura está realizada nun lenzo bastante grande para un retrato, pois mide 177,8 cm de altura por 112,1 cm de largo. Atópase na  Biblioteca Huntington, en San Marino, California.[2]

Joshua Reynolds ante a vista do retrato, escribiu:[3]

Todos eses arañazos e eses sinais estraños que, de miralos de preto, son tan perceptíbeis nos cadros de Gainsborough e que mesmo a pintores experimentados lles parecen máis ben o efecto do azar que o resultado dunha intención, ese caos, ese aspecto repelente e informe, por unha especie de maxia toma forma a certa distancia, e todas as partes parecen pórse no seu sitio, de xeito que podemos deixar dificilmente de recoñecer o pleno efecto da aplicación baixo a aparencia do azar, da présa e da neglixencia [...] Temos que convir en que os toques cortados de Gainsborough contribuíron moito á lixeireza de efecto que constitúe unha beleza notábel das súas pinturas.[1]

Percorrido da pintura

[editar | editar a fonte]

A pintura estivo en posesión de Jonathan Buttall, ata que se declarou en bancarrota en 1796. Foi comprada entón polo político John Nesbitt e en 1802, polo retratista John Hoppner. Arredor de 1809, O Mozo Azul entrou na colección do conde de Grosvenor onde se conservou ata que un dos seus descendentes, o segundo duque de Westminster o vendeu ao mercador de arte Joseph Duveen en 1921.[4]

En 1919, o cadro inspirou o produtor de cinema alemán Friedrich Wilhelm Murnau para realizar o seu debut como director con Der Knabe in Blau.[5]

Nunha medida que provocou unha protesta pública en Gran Bretaña, foi vendido ao empresario Henry Edwards Huntington da American Railway por 728800 dólares, segundo o acordo co marchante Duveen, un prezo entón récord para calquera pintura.[6] De acordo cunha nova en The New York Times, do 11 de novembro de 1921,[7] o prezo de compra foi de 640 000 dólares, uns oito millóns de 2010.[8] Antes da súa partida a California en 1922, O Mozo Azul foi exposto brevemente na National Gallery de Londres, onde foi visto por unhas 90 000 persoas, e o director da Galería, Charles Holmes, escribiu unhas palabras de despedida na parte posterior da pintura: «Au Revoir, C.H.»[9] 

Foi este cadro o que inspirou o artista pop Robert Rauschenberg á súa dedicación á arte da pintura.[10] Atópase colocada na Biblioteca de Huntington enfronte do cadro Pinkie do pintor Thomas Lawrence.

[editar | editar a fonte]

No filme de Quentin Tarantino Django Unchained, a personaxe principal, Django, un escravo liberado, escolle un traxe idéntico ao que leva o protagonista de O Mozo Azul.[11]

A pintura vese no filme Batman (1989) colgada no museo de Gotham e de novo en Joker, nunha versión pequena no apartamento do Joker.

  1. 1 2 Morales y Marín 1989, p. 400.
  2. ↑ "Jonathan Buttal: The Blue Boy (c 1770)". The Huntington Library. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2009.
  3. ↑ Gower, Ronald Sutherland (1903). Thomas Gainsborough. G. Bell and Sons. pp. 77–78. Consultado o 2 de outubro de 2012 – vía Google Books.
  4. ↑ "Duveens offer a Reynolds to Louvre," New York Times, 19 de outubro de 1921
  5. ↑ Bock, Hans-Michael (2009). Hans-Michael Bock, Tim Bergfelder, ed. The concise Cinegraph: encyclopaedia of German cinema. Berghahn Books. p. 334. ISBN 978-1-57181-655-9.
  6. ↑ Thorpe, James Ernest, Henry Edwards Huntington, A Biography, Berkeley: University of California Press, 1994, p. 438.
  7. ↑ "Duveens offer a Reynolds to Louvre". The New York Times. 19 de outubro de 1921.
  8. ↑ "WolframAlpha conversion".
  9. ↑ ""Blue Boy's" Transfer Begins in Secrecy" (PDF). The New York Times. 26 de xaneiro de 1922. Consultado o 7 de decembro de 2009.
  10. ↑ "The Invincible Robert Rauschenberg". Obit Magazine. 16 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2009. Consultado o 6 de decembro de 2009.
  11. ↑ "Sharen Davis Costume Interview: Django Unchained". Clothes on Film (en inglés). 2013-01-01. Consultado o 2021-01-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]