Saltar ao contido

O corno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O corno
 Título
    O corno (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Época ambientación
 Lingua orixinal
 Cor
      en cor Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Elenco
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
2 de maio de 2024 (Hungría)
27 de marzo de 2024 (Francia)
11 de xaneiro de 2024 (Portugal)
11 de outubro de 2023 (España, Bélxica) Editar o valor en Wikidata
 Data representada
1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
 Recadación
   413.705,79 € Editar o valor en Wikidata
 Duración
105 min
103 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt21920634 Filmaffinity: 212116 Allocine: 305864 Rottentomatoes: m/o_corno Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega.[1] Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.[2]

O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.[3]

Ambientado na Illa de Arousa en 1971, o filme conta a historia de María, unha muller que traballa como mariscadora. Tamén é coñecida na illa por axudar outras mulleres nos partos empregando cornizó. Logo dun inesperado suceso, foxe e comeza unha perigosa viaxe cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

O filme foi rodado nas comarcas do Salnés e Baixo Miño, na provincia de Pontevedra, e no Alto Minho, en Portugal.

Nos Premios Mestre Mateo de 2024 levou sete premios: longametraxe, maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena Calvo e Silvia Neira), vestiario (Uxía Vaello), guión (Jaione Camborda), son (Sergio Silva e David Machado), dirección de arte (Melania Freire), dirección Jaione Camborda).[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]