Oenococcus
Aparencia
| Oenococcus | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Oenococcus é un xénero de bacterias grampositivas pertencente á familia Lactobacillaceae. A única especie do xénero era ata hai pouco Oenococcus oeni (que se coñecía ata 1995 como Leuconostoc oeni). En 2006, identificouse a especie Oenococcus kitaharae. A especie tipo do xénero é Oenococcus oeni, que, como o seu nome (oeni) implica, ten unha grande importancia en enoloxía (a ciencia do viño), onde é unha das bacterias principais que intervén en completar a fermentación maloláctica, na que o ácido málico se converte en ácido láctico.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Kunkee RE.) (1973). "Malo-Lactic Fermentation and Winemaking". En Webb AD. The Chemistry of Winemaking. Adv. Chem. Ser. 137. Washington, DC: American Chemical Society.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |