A localidade está situada ao nordés da serra gaditana, sendo fronteiriza coas provincias de Sevilla e Málaga. No ano 2012 contaba con 8.494 habitantes. A súa extensión superficial é de 194km² e ten unha densidade de poboación de 44,1 hab/km². Encóntrase a unha altitude de 643 msnm, e a 130km da capital da provincia, Cádiz.
A maioría das súas terras consisten en áreas de agricultura dedicadas principalmente ao cultivo da oliveira, encontrándose integrada na Asociación Española de Municipios da Oliveira, organización fundada en Olvera no ano 1996. A súa excelente produción de aceite de oliva permitiu que a súa industria aceiteira fose incluída na denominación de orixe Sierra de Cádiz, xunto a outros pobos da comarca e da provincia de Sevilla. Outra importante actividade ecónomica é a industria, tendo no seu haber dende o ano 1990 o Premio Arcoiris do Cooperativismo concedido pola Xunta de Andalucía.