Saltar ao contido

Openbravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Openbravo
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
 Linguaxe de programación
 Licenza
Datas
 Fundación / creación
2001 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Versións
3.0PR22Q3.1 (30 de setembro de 2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02836zp Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Repositorio
Wikidata C:Commons

Openbravo é un sistema de xestión empresarial (ERP) baseado en web e completamente funcional. Está orientado ás pequenas e medianas empresas. Inclúe a maioría de funcionalidades dun ERP: xestión de servizos e proxectos, xestión de produción, xestión financeira etc. A súa estrutura de datos está baseada orixinalmente en Compiere.

Escrita en Java execútase sobre Apache e Tomcat e con soporte para bases de datos PostgreSQL e Oracle. Actualmente atópase dispoñible en español, inglés, italiano, portugués, ruso e ucraíno.

A licenza de Openbravo é Openbravo Public License Version 1.1 ("OBPL") que é unha adaptación da licenza libre Mozilla Public License.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Openbravo é unha aplicación completamente web que foi desenvolvida seguindo o modelo MVC (Model, View, Control). A maior parte do código xérase automaticamente polo motor denominado WAD (Wizard for Application Development), baseándose na información contida no Dicionario do modelo de datos (Data Model Dictionary). O motor executa e recompila a aplicación cada vez que o administrador modifica a configuración para adaptala a un novo requirimento do usuario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]