Saltar ao contido

Parque Gulliver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque Gulliver
provincia de Valencia Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

O Parque Gulliver é un parque da cidade de Valencia (España). Atópase no Xardín do Turia entre as pontes Àngel Custodi e Regne de València. A principal atracción é unha escultura monumental de Gulliver de 70 metros á que se pode acceder a través de ramplas, tobogáns e escaleiras, entre outros. Representa o momento en que Gulliver, acabado de chegar ao país de Lilliput, foi atado polos liliputienses. A figura está realizada de maneira que os visitantes semellan os habitantes de Lilliput cando paseaban sobre o corpo do personaxe creado por Jonathan Swift. Foi encargado en 1990 ao arquitecto Rafael Rivera e ao artista falleiro Manolo Martín cun deseño de Sento, como parte do convenio Un riu de xiquets entre o Concello de Valencia, que achegou o solo, e a Conselleria de Industria Comercio e Turismo, que achegou o financiamento.[1] Tivo un custo de 220 millóns de pesetas.[2]

O Parque atópase preto do Parotet, da Escola Universitària de Magisteri Ausiàs March e dos edificios da Ciutat de les Arts i les Ciències. Accédese a través da Ponte Àngel Custodi e a entrada é de balde.

Tras unha fase de reforma e rehabilitación[3] reabriu as súas portas o 6 de novembro de 2022.[4]

  1. ↑ Ballester, Paco (24 de decembro de 2020). "Gulliver: El gigante cumple 30 años". Valencia Plaza (en castelán) (Valencia). Consultado o 3 de xaneiro de 2024.
  2. ↑ "El Gulliver del llit del Túria fa 25 anys". Diari La Veu (en catalán) (València). 29 de decembro de 2015. Consultado o 3 de xaneiro de 2024.
  3. ↑ López Blesa, Tania (9 de agosto de 2022). "El parque Gulliver de València reabrirá en otoño con una gran fiesta infantil". València Extra (en castelán) (València). Consultado o 3 de xaneiro de 2024.
  4. ↑ "Miles de personas celebran la reapertura del Parque Gulliver: "Ahora te tiras por los toboganes y no te arañas"". Europa Press (en castelán) (Valencia). 6 de novembro de 2022. Consultado o 3 de xaneiro de 2024.