Parres ocupa unha área de 126,08 km². O terreo é moi montañoso e abrupto, salvo quizais a parte central, con pequenos vales orientados en todas as direccións. Pódese afirmar que a rede de montes do concello é complicada, pola variedade de cordais e cumios de alturas diversas que ocupan o concello. Polo norte aparecen unha serie de cumes e serras moi característicos de Asturias, como son a Serra de El Sueve co pico Pienzo á cabeza (1.159 m), a serra de Llavallos, a de Calabrez e o pico Moro no extremo nordeste. Na parte central, porén, contrasta a suavidade da zona, que é a parte menos abrupta do concello, pero na que cómpre destacar a mota Cea e Cetín (1.068 m).
A rede hidrográfica ten dous ríos salientábeis: o Piloña, que parte case pola metade o concello, trascorrendo de oeste a leste, e o Sella, a corrente máis caudalosa da zona, que reparte as súas augas entre Cangas de Onís e Parres e que desemboca no Mar Cantábrico na veciña Ribeseya; é, por outra banda, elemento limítrofe no oriente do municipio.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.